5 de mayo de 2013

Os cadetes "A" Derrotan ó C.D. Boiro nun Partido Memorable

Os cadetes "A"
Derrotan ó C.D. Boiro nun Partido Memorable
O equipo ó remate do encontro.

Despois de deixar as espadas por todo ó alto no campo do C.D. Boiro cun empate a dous, que nos soupo a gloria frente ó equipo máis forte da liga, con tan só unha derrota e tres empates na mesma, esta xornada tocábanos volver a enfrentarnos frente esta gran escadra no campo de Santa Isabel.

Os xogadores deixárono todo no campo.

O encontro non defraudou a ninguén dos que alí estabamos, e os xogadores dos dous equipos volveron a poñer toda a carne no asador, para deleitarnos con outra boa mañán de futbol. O Bodegón chegou a este partido con tres baixas inportantes (a de Alex, Martín e Carlos) que nos limitou bastante a hora de facer cambios, pese a todo o equipo traballou ben durante todo o encontro, e non dubidou en dalo todo ata o remate do mesmo.

Os xogadores saudando á afición ó remate do encontro.

 Brais conseguíu no minuto vinte da primeira metade un bonito gol de cabeza, que á postre serviría para levarnos os tres puntos, e certificar unha gran victoria frente o mellor equipo da liga. Desde o noso punto de vista, esta vez o Bodegón foi mellor co Boiro e mereceu claramente a victoria, que ainda pudo ser máis contundente se meteramos algún gol máis das tres ocasións clarísimas que tivemos. 
A unión fai a forza.

Miguel xa tiña a experiencia da ida, e isto serviulle para mellorar o rendemento do equipo de cara ó encontro de volta, no que lle deixamos ben claro ó rival dende o comenzo, que lle iamos a poñer as cousas cando menos díficiles. O Boiro tampouco tirou co encontro, e saíu con todo na segunda metade disposto a levarse os tres puntos, pero os nosos rapaces que físicamente están moi ben, non lle deron moitas opcións.


Miguel (con gafas de sol) rodeado polos seu xogadores xunto a Antonio o delegado do equipo, facían esta foto xa co estadio vacio o sair do vestiario. Outra vez temos que salientar a deportividade que tivo ó Boiro e que de novo axudou a ver un gran partido de fútbol. 

2 comentarios:

  1. Que graaande Bodegoooon! La Copa es nuestra!

    ResponderEliminar
  2. felicitar al Bodegon que tiene un gran equipo y a su aficion por el comportamiento que mostro tanto en Boiro como en su casa. suerte para la Copa.
    Un aficionado del Boiro

    ResponderEliminar