16 de noviembre de 2014

Os Cadetes: Loitando na cabeza da Táboa.

Os Cadetes: 
Loitando na Cabeza da Táboa.

Equipo de cadetes que disputou o encontro contra o Amio C.F.
Un bo equipo, que xornada tras xornada, afiánzase nos primeiros postos da liga tras o Victoria C.F. e o Bertamiráns C.F. E con claras aspiracións a disputar cando menos, unha praza para xogar a promoción da fase de ascenso a 1ª Autonómica


Pero para iso debemos seguir traballando como ata agora, e plantexando partido a partido para tentar manternos nunha desas tres prazas. Aínda queda moita liga e poden pasar moitas cousas.  A medida que trascurren as xornadas nótase que o equipo evoluciona favorablemente tanto no xogo como fisicamente. 

Ao contar cun platel bastante amplo, e ter a posibilidade de facer rotacións cada xornada, obriga aos xogadores a traballar máis duro en cada adestramento, para non verse fóra na lista de convocados.


A medida que os xogadores van crecendo e subindo de categoría hai que irlle pedindo metas e sacrificios maiores, tanto a nivel individual como de equipo, que deben quedar reflectidos no campo con actitude e ganas dentro e fora do terreo de xogo. 

Esta xornada enfrontámonos ao lider nun partido no que  saímos derrotados, e onde influíu máis a nosa falta de convicción para poder gañar, que polos méritos que fixo o noso rival.

O primeiro que temos que saber é que este platel, esta formado por grandes xogadores capaces de competir contra calquera equipo por grande que sexa, e así é como debemos saír ao campo cada xornada, unicamente confiando en nós mesmos e facendo ben as cousas como ata agora.

 A vindeira xornada enfrontámonos no seu campo, a outro gran rival, que loita do mesmo xeito que nós, por estar aí entre o tres primeiros da liga como é o Bertamiráns C.F. Debemos terlle respeto como gran equipo que é, pero nunca medo ou temor a perder. Si facemos as cousas ben e xogamos como sabemos podemos derrotar a calquera equipo de esta liga.

Agora toca volver adestrar, analizar os erros cometidos contra o Victoria esta xornada, e aprender deles para que non se volvan repetir en próximas xornadas. Temos que ir partido a partido e tentar ceder o menor número de puntos posibles, si queremos ter opcións de facer algo importante este ano


O equipo de cadetes ao remate dun encontro.
Pero ante todo debemos ter en conta que somos un grupo unido dentro e fóra do campo e que o máis importante é gozar xogando ao fútbol cos amigos e das cousas que un fai.

No hay comentarios:

Publicar un comentario