1 de mayo de 2013

Os Modestos xa pensan no próximo rival o C.F. Vista Alegre

Os Modestos 
Xa pensan no próximo rival, o C.F. Vista Alegre

O equipo celebrando un dos goles do encontro.
Seguindo coa nosa intención de contarvos xornada a xornada, o que pasa neste final de liga dos modestos pola importancia do que nos estamos a xogar. Temos que dicir que a pesares do que se xogaba o Zona Vella neste partido, o Bodegón conseguiu unha contundente victoria por 2-5.    


Fran Hernández nun momento do encontro.
Con esta victoria, e a derrota do Dubra S.D. no campo do San Mamed alexámonos un pouquiño máis dos postos de descenso. Bo encontro o que fixeron os nosos xogadores, que non lle deron opcións en ningún momento o seu rival.

 
 Fran (Franchu) celebrando un dos seus dous goles.
Fomos ó descanso gañando 2-0, con goles de Beto, e de Franchu, e na segunda metade chegarían os outros tres, obra outra vez de Franchu, Álvaro e Miguel.

 
Beto levando a pelota.
E aínda que o Zona Vella conseguiu dous tantos, estos foron máis debidos de novo, a nosa "permisividade defensiva" que ó acerto ou á presión do noso rival, que nunca nos chegou a pór en verdadeiros apuros.

Moi bo partido de Álvaro
Próximo rival, o C.F. Vista Alegre un equipo moi veterano, con moito oficio, e con xogadores experimentados, que de seguro non nos han poñer as cousas tan doadas.

 Din que tódolos xenios están algo tolos, e Kim (na foto) é todo un fenómeno.
Seguimos dependendo de nos mesmos, e iso e moi importante de cara a estas dúas últimas xornadas onde todo está por decidir.

Oscar imponse chapando un balón entre unha marea de xogadores.
Gustaríanos ver de novo a este equipo na mesma categoría para a tempada que ven, de seguro que a experiencia deste ano habíalle valer moito na percura de metas máis altas.

   Fran co balón.
Pero de momento só toca pensar neste domingo e en sacar un resultado positivo frente a un dos nosos eternos rivais. Sen dúbida un partido moi complicado.

Chicolas e Beni non perdían ollo do encontro dende o banquillo.
Quedan 180 minutos de liga, que van ser eternos, pero non podemos perder os nervios, e dar todo en cada encontro que nos queda.

 
Naveira moi seguro atrás.
O que si é seguro é que estes xogadores non van tirar a toalla pase o que pase.

Yañez (foto superior) un interior moi traballador e Pereira (foto inferior) que tamén está facendo un bo final de liga.
E por último queremos rematar esta entrada agradecendo o bo traballo, que está a facer a nosa reporteira fotográfica na categoría de modestos, que serve para reafirmarnos na idea que detrás dun bo equipo, sempre hai unha gran afición.




No hay comentarios:

Publicar un comentario