29 de mayo de 2013

(VÍDEO) CADETES 1ª AUTONÓMICA SD. DUBRA - PEÑA BODEGÓN ARZÚA (PARTIDO AMISTOSO)

CADETES 1ª AUTONÓMICA
SD. DUBRA - PEÑA BODEGÓN ARZÚA
(PARTIDO AMISTOSO)

O pasado 25 de Maio a SD Dubra e o Peña Bodegón Arzúa disputaron no campo da Tilleira en Bembibre, un partido amistoso na categoría de cadetes. As dúas escadras estiveron competindo na mesma liga, pero eso non quita que as relacións entre os dous equipos e os seus xogadores sexa cordial, e decidiran votar un partido de preparación para a Copa do Sar que próximamente vai disputar o equipo Dubrés, e pola súa banda mirando a Copa de Santiago na que vai xogar o Bodegón. 

Peña Bodegón Arzúa
Miguel tan só decidíu levar a doce dos seus xogadores para este partido e darlles descanso a Brais, Martín e Carlos para que cheguen en perfectas condicións para a Copa. 

SD Dubra
O partido resultou interesante e víronse detalles de calidade nos dous equipos. Pero o Dubra estivo máis metido no encontro dende o principio e rematou levándose o encontro por 3-1. De seguro que os adestradores habían sacar as súas notas e conclusión de cara as competicións que lles veñen por diante.



Josiño do Bodegón e Pablo da SD.Dubra.
Dous grandes amigos, que levan o fútbol no sangue, foron os principais promotores da realización deste partido. Dende o Peña Bodegón Arzúa queremos agradecer á SD.Dubra e especialmente ó seu adestrador Pablo a boa disposición que mostrou en todo momento para que tivera lugar este encontro. Dexesarlles moita sorte para a "Copa do Sar".


1 comentario:

  1. Los organizadores dos grandes jugadores y mejores chavales!!!Vamosdubra!!!!

    ResponderEliminar