Os Xuvenís
Céntranse na Copa De Santiago
Os xogadores nun adestramento.
Unha verdadeira lástima, así é como podríamos definir o que aconteceu con este equipo nesta tempada, que desaproveitaron unha oportunidade de ouro, para cando menos meterse en postos de promoción a 1ª Autonómica.
Jose Bascoy participando nun rondo previo ó adestramento.
O equipo rematou a primeira volta da liga, metido na loita pola promoción pero fallou nos partidos claves cos rivais directos, e tamen frente a outros que na primeira volta derrotámolos sin problemas.
Outro momento do adestramento.
O equipo rematou a competición ligueira cunha victoria por 4-1 sobre o Zona Vella de Santiago, e co 7º posto na clasificación xeral, adestrador e xogadores xa están pensando na "Copa de Santiago", onde si traballan ben, poden facer un bo papel.
Jose Bascoy dirixindo ós xogadores.
Esta plantilla está formada por xogadores con calidade, que de seguro si se esforzan un pouco e non se relaxan durante os encontros han de conseguir bos resultados.
O equipo está unido e lévase ben, iso debe servirlle para conseguir o seu propósito na Copa frente a rivais que coñecen perfectamente, e que J. Bascoy o seu adestrador, sabe ben como xogarlle.
Manuel o gardameta (na foto) logrou este ano un gol nun saque directo dende a súa portería, axudado eso si, un poquiño polo vento a favor, pero de tódolos xeitos, impresionante.
Manel facendo un saque de banda.
Marcos levándose a pelota frente a presión dun rival.
Cristian e Diego noutro momento do encontro contra o Melide nesta tempada.
Yago delegado dos Xuvenís e segundo de Bascoy ollando ós xogadores durante un encontro.
Este remate de liga ten que servir para correxir tódalas cousas que compre facer para mellorar de cara a competicíon que en breve imos comezar. E na que pensamos, que poden si queren, facer un bo papel e incluso porque non, pensar en disputar a final.
¡¡¡Vamos Bodegón!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario