Os Modestos
Chegan ó Remate da Liga Cos Deberes Feitos
O equipo celebrando un gol durante un encontro.
A peseres da derrota encaixada polo equipo, frente ó Vista Alegre C.F. por 0-2 a xornada pasada e frente a un equipo con xogadores moi experimentados, que son a máxima expresión da "teoría do antifútbol", o Bodegón chega á última xornada de liga frente o Val do Ulla matemáticamente xa fora dos postos de descenso directo, e con un ollo posto na "Copa de Santiago".
As dúas derrotas consecutivas do Dubra S.D. favoreceron esta situación. Pero de tódolos xeitos, ainda temos que esperar ó remate das fases de ascenso, asi como ver que equipos descenden en cada grupo, para saber si permanecemos ou non nesta categoría polos posibles arrastres que se poden dar na mesma. E para eso deberemos esperar uns vinte días a que remate definitivamente toda a competición ligueira.
Chicolas e Fran.
Parécenos un tanto inxusto que un equipo poida perder nos despachos da Federación Galega de Fútbol, o que tan merecidamente logrou no campo co seu traballo. E o que é peor, que teñamos que esperar casi un mes para saber o que pode ocorrer. Sen dúbida algunha neste caso, a F.G. de Fútbol "necesita mellorar".
No hay comentarios:
Publicar un comentario