OS MODESTOS
CAEN NA "COPA DE SANTIAGO"
Chegamos á "Copa de Santiago" no mellor momento de xogo e de forma, coa intención de facer cando menos un bo papel nesta competición, pero outra vez a fortuna non nos acompañou, e o equipo quedou fóra na primeira eliminatoria frente ó Atlético Fátima.
A eliminatoria xa se complicou no encontro de ida na casa do Fátima onde perdemos por 2-0, nun encontro onde realmente merecemos algo máis polo xogo que fixeron os nosos xogadores sobretodo na primeira parte. A segunda metade estivo máis igualada. Tan só dúas chegadas illadas (durante todo o encontro) foron suficientes para darnos ese duro castigo, nese campo tan complicado.
No encontro de volta o Bodegón saíu como era de esperar a por todas, e xogando ó ataque para facer un gol tempraneiro, pero outra vez a fortuna voltou a xogarnos outra mala pasada, e os dez minutos o Fátima púxose por diante no marcador. Por si fora pouco, os nervios apoderáronse dalgún xogador coma Kim que resultou expulsado apenas cinco minutos despois de haber encaixado o gol.
Pese a tódalas cousa que estaban a acontecer o equipo non baixou o seu empeño, e ainda logrou dous goles na segunda metade e tivo varias ocasión para facer algún tanto máis, e ó Fátima bastoulle con aguantar encerrado atrás, a esperar que o árbitro asubiase o final do encontro, e nunha desas aínda logrou outro gol que sería o resultado final (de 2-2) no encontro de volta.
A tempada rematou para o equipo de Modestos, do que hai que dicir que nos sentimos orgullosos de todos eles pola súa actitude dentro do campo, como fora del. E que tanto nas verdes coma nas maduras, sempre se mantén unido e disposto a traballar. É un equipo moi novo, que de seguro a de darnos moitas alegrías. Aquí vos deixamos un vídeo feito pola nosa colaboradora, que recolle algúns momentos do que foi esta tempada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario