4 de noviembre de 2013

Os Infantís "Melloran Xornada tras Xornada"

Os Infantís
Melloran Xornada tras Xornada

Unha boa foto, que recolle a tranquilidade que amosa o equipo de infantis antes dos quecementos previos ós encontros, resulta evidente a boa relación que existe entre os xogadores cos seus adestradores.
EQUIPO DE INFANTÍS
Picade enriba para que salte o vídeo

Yago e Manuel son os reponsables de levar este equipo, e de momento estano a facer moi ben. Non é nada doado dirixir un equipo e moito menos nestas edades pero eles estanlle a poñer gañas e os resultados xa se están a ver.

Outros dous instantes moi ben captados polo noso reporteiro, que amosan os momentos previos dentro do vestiario antes de saltar ó terreo de xogo.

Este equipo que a comenzos da tempada pasada xa amosaba boas maneiras no seu xogo, estivo despois a pasar unhas lagoas importantes trala marcha do seu adestrador, ata que Manuel (o adestrador de cadetes nestes momentos) votara man deles para que chegaran noutro bo momento de forma ó remate da competición.

O equipo diante da porta do vestiario antes de saltar ó campo.
Pese a todas estas dificultades o equipo mantívose sempre unido, e esta tempada as cousan semellan ser ben diferentes como todos podedes comprobar. 

Manuel nun lance durante un encotro.
O equipo pouco a pouco, e a medida que pasan as xornadas, vaise consolidando na súa forma de xogar e os rapaces amosan cada vez estar máis conxuntados e mellor físicamente.

Ángel (O Mago) é un auténtico pesadelo para os defensas rivais.
Levan desputados nove encontros dos cales, seis foron victorias, un empate e duas derrotas, no que a goles se refire levan marcados 58 e encaixados  28, sen dúbida algunha non está nada mal.

 Lois conducindo o balón.
Tal e como pinta a clasificación nestes momentos, Fatima, Compostela, La Salle, Bodegón e Victoria consolídanse como serios aspirantes polo título de liga, asi como polas plazas de acenso a 1ª Autonómica nesta tempada.

Bonito pase e ben colocado para arrancar o noso dianteiro.
Está claro que ainda queda moita competición e pode pasar calquer cousa, pero estes cinco equipos xa comezan a distanciarse do resto dos seus perseguidores, que de seguir así o Bodegón pode estar ahi.
Momento no que Ánxel introduce o balon no fondo das mallas.
De tódolos xeitos se algo temos que poñer en evidencia, e a facilidade con que encaixamos goles na nosa portería. Isto é algo a ter moi enconta dende logo se queremos vencer ós equipos grandes cando nos enfrontemos a eles, pois recordade que as duas derrotas foron contra o Fátima e o Compostela.

O equipo plantado no campo esperando a que comeze o encontro.
Dende logo si este ano queremos aspirar a loitar por un título, debemos ser capaces de derrotar a calquer equipo que teñamos diante, estamos traballando e vamos polo bo camiño, pero debemos seguir mellorando como ata agora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario