29 de octubre de 2013

Os Modestos "Non Poden Fallar"

Os Modestos   
"Non Poden Fallar"
Os Modestos encaixan dúas derrotas consecutivas, a semana pasada contra o Fátima no seu campo por 3-0, nun terreo de xogo en pésimas condicións (que semella incluso un pouco de abandono) e faltas de medida de seguridade nas bandas, e pola outra parte, sin entrar en polémicas arbitrais pensamos que dous dos tantos que subiron ó marcador non debían telo feito.

Pese a todo o noso equipo tampouco fixo un dos seus mellores encontros e a derrota non ten maiores xustificacións. Só felicitar ó Fátima pola victoria acadada e dexesarlles boa sorte na liga.   

E esta xornada voltamos a sair derrotados, nesta ocasión por 2-1 no campo de As Cancelas fronte ó C.D. Laro, nun partido bastante igualado na que os erros puntuais son os que determinan o resultado final do encontro.

Jacobo (na foto, nun momento do encontro disputado fronte ó Fatima) un xogador da casa, e dos que da todo no campo. 
O noso próximo rival é o Deixebre C.F. Un partido onde o equipo debe retomar a línea de xogo que sabe facer, e non perder a confianza en si mesmos senon queren deixar escapar máis puntos, que logo ó remate da liga, imos votar de menos.

VÍDEO DO ENCONTRO
Peña Bodegón Arzúa - C.D. Laro
VER VÍDEO

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo do que foi o partido entre o Peña Bodegón Arzúa e o C. D. Laro, un encontro onde o Bodegón non tivo moitas ocasións pero ben puido ter acadado o empate. De tódolos xeitos mantéñense as esperanzas intactas cando menos de cara os dous seguientes encontros. Nos confiamos na calidade dos nosos xogadores e no seu compromiso co Club, e por ánimos por parte da afición tapouco vai ser.

No hay comentarios:

Publicar un comentario