7 de octubre de 2013

EQUIPO DE MODESTOS TEMPADA 2013-2014

EQUIPO DE MODESTOS 
TEMPADA 2013-2014
Aquí tendes a primeira foto oficial do Equipo de Modestos para a tempada 2012-2013.
Os xogadores despois de sufrir un duro revés pola marcha do seu adestrador nas primeiras xornadas de liga, non se veñen abaixo e continúan a súa loita na competición.

O propio Presidente e os capitáns do equipo deciden coller as rendas do mesmo, mentres non encontremos un adestrador coa suficiente garantía para poder levar ó grupo tan bo que temos.

Kin (na foto) que pronto volverá ós terreos de xogo para defender a camiseta do Bodegón dentro do campo, é o encargado de coordinar os adestramentos dos seus compañeiros e de sentarse no banquillo como adestrador ó lado do Presidente.

Este grupo caracterízase pola unión e o compromiso entre os xogadores, como xa desmostraron a tempada pasada. É por eso, que estamos convencidos que unha vez máis voltarán a dar o mellor de sí para levar o equipo a bo porto.

 
C.D. Belvís e o Bodegón Arzúa saúdanse antes de dar comenzo ó encontro, un vibrante e emocionante partido nun día gris, no que o noso equipo foi de menos a máis e acadou un valioso empate (3-3) frente a un rival difícil.

Despois de varias xornadas sin coñecer a derrota, o pasado domingo, enfretámonos ó AG. D. Guimarei na súa casa, o encontro rematou con derrota por 2-0. Unha xornada máis o Bodegón non tivo sorte da cara ó gol, xa que 4 balóns forón directos ós paos, e a actitude do equipo foi boa e competitiva ata o remate do partido.

Este tipo de encontros cando non acertas a meter o balón no fondo das mallas, da a impresión de que fixeches un mal partido a tenor do resultado pero o que se ve no campo resulta ser todo ó contrario. 

Pero nós somos o Bodegón acostumbrados a sufrir e a pelexar en tódalas batallas, sabemos que temos bo equipo e queda moita liga, e o que non imos facer nunca é tirar a toalla.


No hay comentarios:

Publicar un comentario