29 de mayo de 2013

(VÍDEO) CADETES 1ª AUTONÓMICA SD. DUBRA - PEÑA BODEGÓN ARZÚA (PARTIDO AMISTOSO)

CADETES 1ª AUTONÓMICA
SD. DUBRA - PEÑA BODEGÓN ARZÚA
(PARTIDO AMISTOSO)

O pasado 25 de Maio a SD Dubra e o Peña Bodegón Arzúa disputaron no campo da Tilleira en Bembibre, un partido amistoso na categoría de cadetes. As dúas escadras estiveron competindo na mesma liga, pero eso non quita que as relacións entre os dous equipos e os seus xogadores sexa cordial, e decidiran votar un partido de preparación para a Copa do Sar que próximamente vai disputar o equipo Dubrés, e pola súa banda mirando a Copa de Santiago na que vai xogar o Bodegón. 

Peña Bodegón Arzúa
Miguel tan só decidíu levar a doce dos seus xogadores para este partido e darlles descanso a Brais, Martín e Carlos para que cheguen en perfectas condicións para a Copa. 

SD Dubra
O partido resultou interesante e víronse detalles de calidade nos dous equipos. Pero o Dubra estivo máis metido no encontro dende o principio e rematou levándose o encontro por 3-1. De seguro que os adestradores habían sacar as súas notas e conclusión de cara as competicións que lles veñen por diante.



Josiño do Bodegón e Pablo da SD.Dubra.
Dous grandes amigos, que levan o fútbol no sangue, foron os principais promotores da realización deste partido. Dende o Peña Bodegón Arzúa queremos agradecer á SD.Dubra e especialmente ó seu adestrador Pablo a boa disposición que mostrou en todo momento para que tivera lugar este encontro. Dexesarlles moita sorte para a "Copa do Sar".


26 de mayo de 2013

Os Xuvenís Bo comenzo na "Copa de Santiago"

Os Xuvenís
Bo comenzo na "Copa de Santiago"

Os xuvenís mostran a súa mellor versión de xogo e derrotan á SD. Villestro por 2-1, no encontro de ida disputado no "Campo do Sergas".

Jose Bascoy o seu adestrador (na foto) plantexou ben o encontro fronte a este rival tan complicado,  e con moita experiencia pero que nesta ocasión tampouco lle vimos nada fora doutro mundo.

Chechu (co balón na foto) foi o encargado de facer o primeiro dos nosos goles e Cristian (na foto ó lado de Chechu, xunto con Antón ó fondo) foi  quen fixo o segundo tanto de penalti.

Pero temos que manter os pes no chan e saber que ainda nos queda o partido de volta na casa da SD. Villestro, está claro que no nos van por as cousas doadas, e cunha afición que apreta moito dende a bancada.

Agora mesmo dependemos tan só do que fagamos nós, os xogadores saben que si lle gañaron unha vez poden volver a facelo. Quedan outros 90 minutos de xogo, pero se o equipo traballa e se compromete a facer as cousas como sabe, seguro que sacan a eliminatoria cara adiante.




Os Infantís a punto para disputar a "Copa de Santiago".

Os Infantís
A punto de disputar a "Copa de Santiago"
Dende que Manuel Suárez asumíu o cargo de dirixir o equipo de infantís, os xogadores están a mostrar de novo un bo nivel no seu xogo.

Tan só lles queda por disputar un partido para rematar a liga, e situados na parte media da táboa, aproveitan estes últimos encontros para atopar a compenetración entre os xogadores e mostrar a súa mellor cara no trofeo de Copa, onde estamos seguros van sair a disputala con moitas ganas.

Neste equipo temos rapaces con moitas posibilidades, por iso queremos reforzar a plantilla con novas incorporacións de cara a nova tempada e poder optar así a facer algo importante.   

A partir do día 1 de Xullo imos abrir o prazo para a inscripción de novos xogadores nas distintas categorías do noso Club e na que vos daremos cumplida información de como facelo. De tódolos xeitos si xa vos queredes poñer en contacto con nós podédelo facer através do noso correo electrónico.
 bodegonarzuacf@gmail.com

Vamos a estar moi pendentes deste equipo, e veremos ata onde poden chegar nesta competeción na que van comenzar ó remate da liga.

20 de mayo de 2013

(VÍDEO) OS MODESTOS NA "COPA DE SANTIAGO"

OS MODESTOS 
CAEN NA "COPA DE SANTIAGO"
Chegamos á "Copa de Santiago" no mellor momento de xogo e de forma, coa intención de facer cando menos un bo papel nesta competición, pero outra vez a fortuna non nos acompañou, e o equipo quedou fóra na primeira eliminatoria frente ó Atlético Fátima.


A eliminatoria xa se complicou no encontro de ida na casa do Fátima onde perdemos por 2-0, nun encontro onde realmente merecemos algo máis polo xogo que fixeron os nosos xogadores sobretodo na primeira parte. A segunda metade estivo máis igualada. Tan só dúas chegadas illadas (durante todo o encontro) foron suficientes para darnos ese duro castigo, nese campo tan complicado.


No encontro de volta o Bodegón saíu como era de esperar a por todas, e xogando ó ataque para facer un gol tempraneiro, pero outra vez a fortuna voltou a xogarnos outra mala pasada, e os dez minutos o Fátima púxose por diante no marcador. Por si fora pouco, os nervios apoderáronse dalgún xogador coma Kim que resultou expulsado apenas cinco minutos despois de haber encaixado o gol.

 
Pese a tódalas cousa que estaban a acontecer o equipo non baixou o seu empeño, e ainda logrou dous goles na segunda metade e tivo varias ocasión para facer algún tanto máis, e ó Fátima bastoulle con aguantar encerrado atrás, a esperar que o árbitro asubiase o final do encontro, e nunha desas aínda logrou outro gol que sería o resultado final (de 2-2) no encontro de volta.

EQUIPO DE MODESTOS TEMPADA 2012-2013
PICA AQUÍ PARA VER O VÍDEO

A tempada rematou para o equipo de Modestos, do que hai que dicir que nos sentimos orgullosos de todos eles pola súa actitude dentro do campo, como fora del. E que tanto nas verdes coma nas maduras, sempre se mantén unido e disposto a traballar. É un equipo moi novo, que de seguro a de darnos moitas alegrías. Aquí vos deixamos un vídeo feito pola nosa colaboradora, que recolle algúns momentos do que foi esta tempada.




13 de mayo de 2013

1 De Maio Partido Amistoso De Cadetes (Galería de Fotos)

Partido Amistoso De Cadetes
Galería de Fotos

Aproveitando a festividade do día 1 de Maio, os cadetes do Peña Bodegón Arzúa decidiron concentrarse  no campo de fútbol de Boqueixón para disputar un partido amistoso ás 11.30 da mañán e posteriormente disfrutar ó remate do mesmo, dun xantar no Restaurante Raxoi en Santiago de Compostela, xunto ca súa afición máis incondicional.

Suso o Presidente do club tampouco quixo perder o evento e presenciou o encontro a pe de campo, disfrutando destes xogadores, que realmente son incansables e sempre están dispostos a xogar e a adestrar.


Alex e Alberto. 
A pesar de ser unha mañán fresquiña, os xogadores saltaron o terreo de xogo dispostos a disfrutar facendo deporte, e compartindo bos momentos cos amigos.

Miguel e algúns dos seus xogadores antes de comezar a quentar.

Os cadetes "B" falaban entre eles antes de dar comenzo o encontro.

Chechu e Toni co balón no quecemento.
Outro xogador que non quiso perderse o encontro foi Chechu, xuvenil de primeiro ano, e que para a tempada que ven volverá a xogar cos que son os seus compañeiros xa dende anos anteriores. Temos que decir, que durante o encontro vestíu as dúas camisetas, na primeira metade a dos cadetes "A" e na segunda a dos cadetes "B". 

Alberto e Juli facendo estiramentos antes do encontro.

Bonita foto que resume ben o que foi o encontro, a pesares da boa amistade que hai entre tódolos membros da plantilla, xa intuiamos que así que o árbitro asubiase o comenzo do encontro, non  habería concesións entre eles, senón ollade como a línea do medio do campo xa servía sen querer, de fronteira  entre os equipos.

Antonio o delagado do equipo, vivíu dende a bancada o partido máis tranquilo de toda a tempada, xa lle tocaba tamén. 

Chechu rodeado de catro xogadores.
Pero dende o primeiro minuto de partido acabáronse as bromas, e aínda que o encontro foi totalmente limpo e os dous equipos adicáronse a xogar e deixar xogar para ver bonitas xogadas  e moitas chegadas a portería ninguén quería perder.

Anton co balón
Os xogadores puxeron intensidade e gañas pero nunca chegarón a forzar para evitar posibles lesións, de feito houbo xogadores das dúas plantillas, que non participaron no encontro para recuperarse das molestias que tiñan. 

Yago entre Anxo e Oscar
Este tipo de partidos serven para ver a evolución dos xogadores, pois temos que ter en conta  que a tempada que ven os cadetes de 2º ano pasarán a categoría xuvenil e as exisencias que vamos a pedirlles, así como o compromiso tamén van ser maiores, pois os obxectivos que temos para esta nova categoría tamén son moi claros.

Toni controlando un balón ante a presión de Dani.
Pola outra banda, o reto que lles queda ós cadetes de 1º ano é que xa como veteranos da categoría, terán que coller o relevo que lle van ceder os seus compañeiros e defender como mínimo a súa permanencia na liga da 1ª Autonómica.

Chechu, Fuco e Josiño
Tamén debemos ter en conta, que nun prazo de dous anos estes xogadores, voltaran a reencontrarse todos como xuvenís, e iso fainos ver con optimismo o futuro nas categorías superiores. Pero de momento debemos ir pasiño a pasiño, facendo as cousa pouco a pouco, e o mellor posible.

Anxo co balón e Oscar.
Por iso non nos cansaremos de repetir que a incorporación de xogadores ó club é un tema de máxima prioridad para non deixar desprotexida ningunha categoría e poder acadar metas un pouco máis altas.
Pichi no un contra un, frente a Brais.
Voltando ó que foi o partido temos que dicir que foi entretenido, e víronse grandes detalles futbolísticos que foron moi aplaudidos pola afición alí presente, que non deixou de animar en ningún momento as dúas alineacións.

Jose (adestrador) todo un central de luxo no equipo dos cadetes "B". Levado polo corazón xogou e dirixíu os seus xogadores dende o própio terreo de xogo.

Dani e Fuco disputan un balón ante a mirada de Moises.

Expectacular salto de Juli ó remate dun corner.

Diego R. e Marcos co balón, mantiveron un duelo particular na súa banda.

Tajes outro batallador, de gran nobleza futbolistica.

Dani N. e Sergio (Sebas) nun contragolpe, seguidos atentamente polo colexiado, do que hai que reseñar, a sua excelente actuación arbitral, durante todo o encontro.

Román é un das novas fichaxes de cara a tempada que ven, e xa está a adestrar con nós.

Brais un loitador incansable, que está facendo unha gran tempada.

Moises e Josiño menudo dúo no medio do campo. 

Anxo, Jose e Oscar noutro momento do encontro.

Josiño levándose a pelota entre tres xogadores.

Dani que nunca da un balón por perdido, está a marcar moitos goles neste final de tempada. Aínda que o resultado era o de menos, temos que decir que ó remate do tempo reglamentario foi de 3-3. 

Fermoso remate de Brais coa cabeza e por toda a escadra.

Os xogadores dispostos para os lanzamentos de penalti.
E para darlle máis emoción ó encontro adestradores e colexiado decidiron pasar directamente os lanzamentos desde os 11 metros.

Yago e Alex na foto, como podedes ollar os xogadores nin se miraban á cara cando ían cara o punto de penalti para facer os lanzamentos. ¡¡Eran momentos de tensión!! 


Pichi na foto superior e Cali na inferior, dous tremendos porteiros que fixeron boas intervencións durante o encontro, puxeron todo o seu empeño en deter os penaltis. E tombos, tamén deron uns cantos.


E foron finalmente os cadetes "B" quenes levaron ó gato á auga e por tanto o partido. De todas formas os xogadores como grandes profesionales que son, aunque cansados polo esforzo realizado, mostraban a mesma tranquilidade que ó comenzo do encontro.

Ó fin e ó cabo do que se trataba era de pasar unha boa mañán de futbol e rematar cunha comida para repoñer forzas e estar preto desa afición que nas boas, e nas non tan boas, sempre están co equipo. 

E como non podía ser doutra forma, xa estamos buscando datas para celebrar o partido para pais e adestradores con motivo do remate da tempada, e do cal vos daremos boa conta, para poder participar no mesmo.

Manuel S. e o seu fillo Yago, que está feito todo un Beckenbauer.

Carlos ó lado de Pichi un fenómeno de porteiro.
Sen dúbida dúas grandes fotos, nas que sobran as palabras vendo as caras dos pais e dos fillos.

Pero como podedes comprobar sentados á mesa todos amigos, a manllar e seguir disfroitando, que tamén se trataba diso.  

Aquí vos deixamos algúns momentos do que foi o xantar dos xogadores.

Todo este tipo de acontecementos axuda a mellorar a relación dos xogadores entre eles e a formar piña dentro e fora do campo. 


Por eso hai que agradecer tanto ós adestradores, coma ós pais e a tódalas persoas que participaron neste día, para dunha maneira ou outra facer un bo recordo para os rapaces. 

Como non podía ser menos tamén temos unha boa galería de fotos da afición, que acudíu ó partido como a xantar, e que ímola deixar para presentar noutra entrada.

Os cadetes forman unha gran famila.

Que pouco a pouco van crecendo como xogadores e como persoas. 

Os nosos parabéns para todos eles.