MOI BOA SEGUNDA VOLTA DOS MODESTOS
O equipo facendo exercicios de quecemento antes de dar comenzo o encontro frente o Deza Tabeirós no estadio de "As cancelas" e o que derrotaron por 3-0. Goles de Fernando, Hernadez e Jacobo. A verdade é que o partido non foi moi vistoso, a primeira parte pudo estar marcada pola lesión de Moises, e na segunda conseguir os dous goles nos primeiros minutos doulle certa tranquilidade ó equipo que tan só se limitou a aguantar o resultado, e mataron o encontro ca consecución do terceiro tanto.
Sergio, Dieguito e Jacobo.
O noso recoñocemento para tres bos xogadores e grandes amigos, que levan no club dende as categorías inferiores, este é o seu primeiro ano na categoría de modestos e pouco a pouco han de ir afacéndose a este novo reto que ten por diante.
Aquí vos deixamos un resumo do encontro
Peña Bodegón Arzúa - Deixebre C.F.
O vídeo corresponde ó partido disputado no estadio de Santa Isabel, e no que os nosos gañaron por un contundente 5-1 ó Deixebre C.F. A calidade das imaxes non son do mellor, pois esa tarde estabamos a probar unha cámara e o seu zoom deixounos moito que merecer.
O equipo nesta volta da liga encontrou a seguridade e a confianza no seu xogo e que tanto lles faltou nas primeiras xornadas da liga. De tódolos xeitos estabamos seguros que tarde o tempran habían de sacar todo o futbol que levan dentro e mostrar a súa mellor cara.
Por iso resulta un pouco inxusto, que este equipo teña que estar pasando os apuros que está pasando para manter a categoría na que están.
De aquí ó final da liga cada partido é unha auténtica final, e non podemos conceder como lle concedemos a victoria o Chaián C.F. que ó marxén de polémicas arbitrais, temos que decir que non fixemos un bo partido, e fóronsenos tres puntos que tal vez votemos moito de menos o remate da competición.
A nota triste desta xornada tivémola con Moises (na foto) que tivo que ser retirado do campo por mor de un golpe moi forte no xeonllo que non lle permitíu rematar o encontro. Esta mesma semana vanlle facer as probas necesarias para saber o alcance da lesión, esperemos que todo se quede nun susto e velo canto antes nos terreos de xogo.
Luisete, Sanchez e Pereira noutro momento do encontro.
A próxima xornada tócanos un rival duro de roer, A Golada na súa casa, tal vez o máis difícil do que queda de liga. Por eso o equipo debe ir alá sin complexos e plantarlle cara se quere traerse os tres puntos.
Fran xogando un balón.
Está claro que os equipos ten altos e baixos durante a tempada en canto o seu nivel de xogo, pero si o os xogadores empezaran a liga ó nivel que ten nestes momentos da tempada, hoxe estaríamos a falar de postos de promoción.
Manuel, Kim e Yañez.
Viron o partido dende a bancada para poder recuperarse das súas molestias físicas e chegar en plena forma para o partido da A Golada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario