Os Cadetes
SEMPRE DANDO BATALLA
Grande a victoria que acadaron os nosos cadetes da 2ª Autonómica frente a S.D. Compostela por 3-2. Dani que foi o autor dos tres goles, estaba así de contento o luns no adestramento xunto o seu compañeiro Yago, un gran lateral que está facendo unha boa tempada e do que esperamos grandes cousas co resto dos seus compañeiros para o ano que ven.
Oscar na foto superior e Moises na inferior ó igual que a maioría dos integrantes do equipo son cadetes de primeiro ano, e están competindo con equipos como o S.D. Villestro, Cruces, Fatima... onde os xogadores son case todos de segundo ano, pero estes rapaces son dos que non ceden, e disputan cada encontro hasta o final do mesmo.
Oscar na foto superior e Moises na inferior ó igual que a maioría dos integrantes do equipo son cadetes de primeiro ano, e están competindo con equipos como o S.D. Villestro, Cruces, Fatima... onde os xogadores son case todos de segundo ano, pero estes rapaces son dos que non ceden, e disputan cada encontro hasta o final do mesmo.
Os xogadores que están a traballar duro nos adestramentos, ven recompensado o seu traballo nestas últimas xornadas onde se van afianzando no seu xogo.
Juan e Antón xogando un balón.
Os que non lles acompañou a sorte, foi ós seus compañeiros que están xogando na 1ª Autonómica que perderon frente ó Union en Rianxo por 3-2. Fomos alá dispostos a plantarlle cara a un dos grandes da liga (que ta só leva perdidos tres encontros esta tempada) e non lle faltou nada para traernos os tres puntos.
Xa sabíamos que o Unión tiña unha enorme calidade técnica, como así o demostrou básicamente na primeira parte onde encaixamos un gol moi cedo e iso marcou moito o partido, pero tampouco tiveron máis oportunidades.
Na segunda metade o Bodegón saíu con moitas ganas e xogándolle de ti a ti ó Unión e así chegaron os dous goles, un de Yago (foto superior) que resolveu moi ben o un contra un frente o porteiro e o outro de Alberto, nun lanzamento de falta que entrou por toda a escadra. Aínda tivemos dúas ocasíóns maís clarísimas de marcar, pero como dixemos, faltounos esa sorte da que falamos e que si tivo nesta ocasión o noso rival, que nos chegou tan só en dúas ocasións e conseguíu os outros dous tantos, e a pesares de ir por diante no marcador terminou pedindo a hora. De tódolos xeitos voltamos satisfeitos do traballo feito polo equipo, e ca moral intacta de cara as vindeiras xornadas, que de seguro prometen ser moi interesantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario