SEGUEN SUMANDO
CADETES (1ª autonómica)
Esta semana tocoulle o turno ó Salvora C.F. que caeu derrotado 2-0 polo noso equipo en Santa Isabel. Outra victoria frente a un dos grandes desta liga, e que serve para seguir aumentando a moral dos nosos xogadores que mellora xornada a xornada no seu xogo.
O equipo facendo exercicios de quecemento antes de dar comenzo o encontro.
A pesares de que o arranque da segunda volta foi un pouco irregular en canto os resultados, pois os xogadores baixaron bastante tanto no seu nivel de xogo como na motivación, nestas catro últimas xornadas o equipo recuperou o seu tono e volve a transmitirnos boas sensacións.
Os xogadores do Bodegón saudando ó saltar ó terreo de xogo.
O traballo e o esforzo que fan estes rapaces cada semán nos adestramentos, estase a ver de novo recompensado no seus resultados que ahí están.
O equipo do Sálvora C.F. saudando a súa afición antes de comenzar o encontro.
Un equipo cun potencial físico sobresainte, e unha boa calidade técnica, non nos puso nada doadas as cousa durante o encontro.
Fuco o noso Capi, e o capitan do Sálvora sorteando saque e campo.
Fomos a este partido con dúas baixas moi importantes (as de Toni e a de Brais) e con outros dous xogadores tocados fisicamente, Xoan que non rematou o encontro por unhas molestias que tiña, e Tajes que estaba saído dun forte proceso gripal.
Pero un gol de Josiño (na foto) cun disparo dende a frontal da área no minuto dez de partido, dounos un pouco de tranquilidade para facer o futbol que sabemos facer.
Juli (na foto) puxo o dous a cero no marcador cun gol de falta (moi bonito) que servíu para matar o partido definitivamente a dez do final, e acadar os tres puntos.
Os xogadores celebrando un dos goles conseguidos no encontro.
A primeira parte do encontro foi totalmente nosa, cun un xogo bastante ofensivo, tivemos ó Salvora encerrado no seu campo, incluso puidemos marcar en dúas ou tres ocasións bastante claras.
Os xogadores falaban entre eles antes de dar comenzo a segunda parte do encontro.
Na segunda metade o Bodegón optou por cerrarse atrás e intentar coller ó Sálvora á contra e aínda que eles tiveron a posesión do balón, non chegaron a crear autenticas situacións claras de perigo agás duhna que o equipo resolveo sen problemas.
Miguel na foto xunto o seu delegado Antonio e no banquillo Carlos e Xoán.
O adestrador sabe que o obxectivo da permanencia na categoría está xa conseguido case dende Nadal, por eso o seu traballo nestes intres e meter o equipo xunto os máis grandes e aproveitar para mellorar a calidade técnica e táctica dos seus xogadores con vistas a tempada que ven na que todos serán xuvenís.
Na grada tamén vimos ollando a evolución dos xogadores a Jose Bascoy adestrador dos xuvenís, e a Suso Carril presidente do club.
Toni e Brais que estaban cumprindo un partido de sanción por acumulación de amoestacións, tamén estaban na grada animando ós seus compañeiros que estaban no campo ámbolos dous non podían disimular a ledicia polo resultado acadado.
A vindeira xornada imos a Rianxo outro partidazo contra outra bestia negra o Unión, que ainda que físicamente non son coma o Sálvora pensamos que tecnicamente son dos mellores equipos que hai nesta competición, como así o demostra o seu terceiro posto na clasificación, pero nos somos o Bodegón e imos ver que pasa, por gañas non ha de ser.
O equipo e o corpo técnico felicitábanse entre si polo traballo ben feito de todos.
Os xogadores son unha auténtica piña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario