24 de abril de 2013

Os Modestos "De Auténtico Infarto"

 Os Modestos 
"De Auténtico Infarto"
Chicolas e algúns membros da plantilla, momentos antes de facer os exercicios de quecemento para disputar o partido frente o Vilatuxe C.F. no campo de "As Cancelas" e o que terminarían gañando por 3-2.
Enma que está a cumprir unha sanción, foi das grandes ausencias neste encontro.
Despois de ter feito un gran partido o Bodegón no campo do lider frente A Golada, e onde estivemos a piques de traernos un puntiño, dun encontro que perdemos case no tempo de desconto por 2-1 despois de ir empatados case todo o tempo de xogo.

Excelente tempada de Sanchez, un lateral de moita calidade.

Esta xornada tocounos xogar cun rival directo para sair dos postos de descenso como era o Vilatuxe  C.F. Un partido fácil a priori para os nosos, e que a piques estivemos de perder pola falta de concentración que tivo o equipo na segunda metade onde o rival chegounos a empatar 2-2, menos mal que Hernandez puxo o 3-2 definitivo no marcador, cun golazo (todo hai que decilo) que nos dou tres puntos moi importantes, que nestes momentos aléxanos dos postos de descenso. Os outros dous goles foron o primeiro tamén de Hernadez e o segundo de Fernando.

Miguel é loitador incansable.
Agora mesmo só dependemos de nos mesmos, e de gañar os partidos que nos quedan. O próximo encontro é frente o Zona Vella, outro equipo implicado no descenso, que de seguro non nos vai por as cousas doadas.

Luisete, todo un central.
O equipo chega ó remate da liga no seu mellor momento de xogo, e non debe desaproveitar este feito, pasando por lagoas no seu xogo durante os encontros, tal vez por un exceso de confianza. 
Oscar, garantía de compromiso co equipo.
Quedan tres partidos de liga, Zona Vella, Vista Alegre C.F. e por último Val do Ulla, son tan só 270 minutos os que nos quedan para rematar esta competición por iso debemos disputar hasta ó último segundo da mesma para seguir mantendo as nosas opcións a continuar na categoría.

Sergio un dos xogadores máis novos do equipo, estalle a poñer gañas e traballo esta tempada. Imos ver o que acontece con este equipo nestes tres últimos partidos de liga, e tentaremos tervos informados do que aconteza nos mesmos, que seguro van ser de máxima emoción, e onde os nosos non deben, nin poden fallar. 

Dieguito, Naveira e Moises, simpatía e bo facer dentro e fora do campo.
A mellor noticia, foi saber que Moises evoluciona favorablemente do duro golpe que recibíu no seu xeonllo fai tres xornadas, como nos gustaría volver a velo xogar antes de que remate a tempada, cando menos xogando a Copa de Santiago, aínda que nestes momentos o máis importante é que se recupere plenamente.   



1 comentario:

  1. Felicitar al Club Peña Bodegón Arzúa por la buena labor que está realizando en estos últimos años con sus jugadores y a nivel de equipo en general.

    ResponderEliminar