17 de abril de 2013

OS BENXAMÍNS UN EQUIPO CON MOITO MÉRITO PRÓPIO


OS BENXAMÍNS 
UN EQUIPO CON MOITO MÉRITO

Un meritorio recoñecemento para José Ramón Casal e os seus xogadores de Benxamíns (na foto) ca maioría dos membros que forman o equipo, e do que tan orgullosos estamos. 

                                   De pe pola esquerda: Anxo, Sergio, Brais e Adán. 
                                   Agachados pola esquerda: Raul, Yago, Lucas e David. 
Nenos que sendo prebenxamíns xogaron esta tempada na 1ª Categoría de benxamín, "Todo un mérito" para estes grandes xogadores que están a pelexar xornada tras xornada como verdadeiros xabatos.
Ter paciencia, gustarlle os nenos, ser comunicativo, educador e disfrutar do fútbol son as características que a de ter a persoa que traballa con estes xogadores. Os adestradores nestas edades xogan un papel fundamental, pois son os que inician ós pequenos nos seus primeiros pasos dentro do terreo de xogo, e eso vai influir que despois o neno, siga xogando ou pola contra deixe de practicar este deporte.

Neste sentido, temos que sentirnos contentos, pois como podedes comprobar moitos dos xogadores que están nas categorías superiores, proceden da nosa propia canteira que ainda que humilde en comparación ca de outros clubs, pensamos que é das máis fieis. 


Somos conscientes de que moitos dos xogadores que temos en categorías superiores, renuncian a xogar en clubs máis grandes por seguir ó lado dos que son os seus compañeiros e amigos dentro e fora do campo, e ainda algúns dos que saen, non olvidan onde se formaron e seguen mantendo contacto con nós. 

Noutros casos como o de Lucas (na foto) que nesta tempada está a dar os seus primeiros pases dentro do terreo de xogo, xa ten un irmán xogando en cadetes. Son todas esta pequenas cousas as que nos fan seguir loitando por facer as cousa un pouco mellor cada día, e na que xa vos iremos contando cales son os nosos plans para a tempada que ven.

De seguro que se todos os que formamos a familia do Bodegón colaboramos e nos coordinamos  un pouquiño máis entre todos, seguiremos vendo sair do noso club grandes xogadores.

Por iso, esta entrada vai dedicada os máis noviños do club e a ilusión que poñen cada día que pasan no campo, ven sexa adestrando ou disputando partidos.

Nestas edades pensamos que o resultado no é tan importante, coma que o neno colla o gusto por ir adestrar e se sinta  a gusto dentro dun equipo do cal él forma parte, e por tanto no que ha de saber integrarse de forma solidaria.
   
E sobretodo ten que disfrutar xogando e facendo o que fan, sin máis presión que a de mellorar día a día, dentro do grupo, e individualmente.

Só deste xeito, despois é máis doado despertarlle o espirito competitivo e conseguir logros maiores.                
Esta tempada tivemos un inverno duro, cheo de frio e choiva malia todo estes cativos, non perderon nin un día de adestrar. Como podedes comprobar e difícil facerlle unha foto sin que teñan un balón preto deles.

Os nosos parabéns para todos eles.


1 comentario: