31 de diciembre de 2012

O noso "Presi".Toda Unha Vida Adicada ó Futbol Base

O noso "Presi"
Toda Unha Vida Adicada ó Futbol Base 

Din que os nenos cando nacen traen un pan debaixo do brazo, Estamos seguros que Suso, o noso Presidente, cando veu ó mundo traía un balón de futbol entre as máns. Esta semán estivemos nas oficinas do club ou o que ven sendo mesmo, ó redor da lareira do Bodegón ó caloriño do lume mentres tomábamos e picábamos algo. Suso puxo enriba da mesa un sobre branco e del sacou unhas fotos que gardaba como ouro en pano. Os seus ollos amosáronnos que estabamos diante dos seus recordos máis senlleiros; entón comezou a falar.... Velaquí vos deixamos algunhas das fotos que alí comentamos e das que estamos encantados de compartir con vos.

Desgraciadamente unha lesión apartouno dos campos de futbol, pero el xa se tiña decatado que o futbol íase convertir na súa paixón. Así comenzou a súa etapa como adestrador alá polo 1977 cando tan só contaba con 18 anos. Estas dúas fotos (superior e inferior) son do primeiro equipo que Suso fundou e dirixíu personalmente; chamábase "O Huracan", un nome que só escoitalo metía medo dentro e fora do campo. 

 
A cara do "Presi" esbozou un sorriso o recordar aquelas equipacións, moi parecidas as do Ajax de Holanda, os terreos de xogo e os balóns, que cando se enchían de auga e barro chegaban a pesar máis que algún xogador (De donde credes que veu o "futbol do patadón"?).  Hoxe estamos pensando en recuperar a equipación do Ajax para os nosos equipos.

Aquí podemos ver a Suso como adestrador do equipo da Almáciga de Santiago corría o ano 1979.

Peña Bodegón Arzúa (infantís 1986 no campo de Lalín)
O primeiro equipo do Bodegón naceu en 1982 e federouse como tal en 1983.

 
Peña Bodegón Arzúa  (Infantís B 1988)
O "Presi" volve a emocionarse cando ollábamos falando, destas dúas fotos (superior e inferior). O Bodegón contaba por aquela época con dous equipos de infantís. Algúns destes rapaces que aquí aparecen teñen hoxe en día fillos e sobriños xogando nas distintas categorías do club.

Peña Bodegón Arzúa  (Infantis A 1988)
Apesares de non ser un club con grandes presupostos e moitos recursos, por el pasarón numerosos rapaces, e todos dun xeito ou doutro, entraron a formar parte desta gran familia que ahora somos. 

Peña Bodegón Arzúa cadetes 1990
Unha foto relativamente reciente, no que Suso levaba personalmente a este equipo de cadetes, ollade como era por aquelas datas o Campo das Cancelas.

Equipo de modestos futbol sala 1992
Como podedes ollar o Bodegón tamén estivo e está, moi viculado ó futbol sala, levado da man de Jose Barreiro, sobre todo nestes momentos en categorías inferiores (prebenxamíns, benxamíns, alevins...) en colaboracón directa co colexio de San Francisco Xavier de Santiago.
Peña Bodegón Arzúa (Fútbol sala senior 25 de noviembre de 2011)


19 de diciembre de 2012

¡¡FELICES FESTAS E PRÓSPERO ANO NOVO!!




 O Peña Bodegón Arzúa e o seu Presidente
 dexésanvos a tod@s
¡¡FELICES FESTAS E PRÓSPERO ANO NOVO!!





Equipo de  Modestos  
Equipo de  Xuvenís
Equipo de  Cadetes A

Equipo de  Cadetes B
Equipo de  Infantís

Equipo de  Alevíns


Equipo de  Benxamíns


15 de diciembre de 2012

As Xoias do Bodegón (Benxamíns Tempada 2012-13)

As Xoias do Bodegón
(Benxamíns Tempada 2012-13) 
Velaquí os tendes son os máis pequenos do Bodegón, e dos que tamén nos sentimos moi orguiosos. Moitos dos xogadores que agora están a xogar en cadetes, xuvenís e modestos proceden destas categorías e tamén nos consta, que moitos dos mesmos, rechazaron ofertas doutros clubes por seguir defendendo a camiseta do Bodegón, esto fainos pensar que a pesares da nosa humildade, estamos a fecer as cousa ben e é por iso que queremos seguir mellorando, como club e como familia que somos.
 

De pe pola esquerda: Anxo, Sergio, Brais e Adán. Agachados pola esquerda: Raul, Yago, Lucas e David. Adestrador: José Ramón Casal, hai que ter tempo paciencia e dedicación pa adestrar a estas fieras. Nesta foto fáltanos un xogador, Ismael que non puido vir ó partido. 
 
José Barreiro xunto ó Presidente
Neste sentido tamén temos que destacar a labor de José G. Barreiro tanto como adestrador, como coordinador, que leva vinculado ó club case desde a súa fundación. Especialmente adicado os xogadores máis noviños do equipo, tanto a futbol campo como a futbol sala.

 Sergio controla ó balón ante a mirada dos seus compañeiros.
Nestas categorías o resultado é o de menos, o que interesa e que os nenos se divirtan aprendendo a xogar ó futbol e a desenvolverse sólos no campo, no vestiario e como equipo.
 
David e o porteiro Anxo durante o encontro.
A labor dos adestradores nestas edades é fundamental para que logo os rapaces sigan xogando ó futbol e collan cariño pola camiseta que defenden. 
 
Brais pon a pelota en xogo cun bo zapatazo.
Ídevos acordando destes nomes porque de seguro vamos falar deles durante moito tempo son o... futuro do Bodegón!! 

10 de diciembre de 2012

VÍDEO Partido completo Bodegón-Oroso Cadetes A

Partido Completo: Bodegón-Oroso Cadetes A
Moi recomendable. Podemos ollar o partido do Bodegón A co Oroso de Cadetes celebrado o 9-12-12 no Estadio do SERGAS. Foi unha victoria moi traballada pero merecida!.
Son dous videos; un da primeira e outro da segunda parte. A calidade da imaxe ás veces non é moi boa pero estamos en tratos institucioanais coa TVG para ir mellorando!




  E.D. Xuventude Oroso
  Peña Bodegón Arzúa

6 de diciembre de 2012

Visión de xogo no fútbol moderno. (VÍDEO)


Estupendo vídeo que recolle de forma resumida os conceptos básicos do fútbol moderno. Ollade e opinade.

3 de diciembre de 2012

Bo Partido dos Cadetes da 2ª Autonómica

Bo Partido dos Cadetes da 2ª Autonómica
Un partido moi duro o que disputron os nosos cadetes este domingo no estadio de Santa Isabel e nin o frio (ollade como estaba o campo cheo de xeada) nin o Praiña de Potevea ó que derrotaron por 5-1 foron capaces de detelos. ¡¡Noraboa Rapaces!! 
Instante no que Manuel Torres marcou o primeiro dos seus 3 goles. 
Recordade que cada victoria destes rapaces ten moito mérito porque pricipalmente o equipo está formado por xogadores de primeiro ano. Ainda queda moita liga e estamos seguros que estes rapaces han facer un bo papel ó remate da mesma.
Moises vaise ca pelota ante a mirada atenta de Antón e de Anxo.
O obxectivo fundamental e coller experiencia e confianza entre eles. Pois si as cousas saen como temos pensado, este equipo a tempada que ven, terá que xogar na 1ª Autonómica, categoría que ahora están a defender os seus compañeiros de segundo ano. 
 
Normalmente estamos acostumbrados a ver a Pichi voando polos aires e facendo paradas imposibles. Esta foto resume moi ben o que foi o partido, O Bodegón volcado o ataque encerrou ó Praiña no se campo e o noso porteiro apenas tivo traballo. 
Anxo pelexa un balón con un xogador contrario ó fondo Antón sempre pendente. Fixádevos ben como estaba o campo, totalmente conxelado e que fixo co balón se desplazara moi rápido polo terreo de xogo. 

27 de noviembre de 2012

Galería de Recordos 1

Galería de Recordos 1
 Seguimos buscando no álbum do noso presidente eehhh siii ¡¡¡Estades a ver ben!!!. O Bodegón tivo nos seus comenzos un equipo femenino de futbol sala. E do cal Suso garda uns fermosos recordos. Esto fainos pensar na posibilidade de retomar esta boa idea, e tentalo de novo. ¿Vos qué pensades?
 Aquí vos deixamos outras dúas fotos de fai uns 6-7 anos do equipo de cadetes (foto superior), que levados por Suso acadaron ó ascenso a 1º autonómica na súa categoría,  e xuvenís (foto inferior) que adestrados por David fixeron tempadas memorables e conquistaron unhas cantas Copas de Santiago
 
Como podedes comprobar moitos de estes rapaces seguen a xogar no equipo e a facer máis grande a súa historia. Esto di moito da gran familia que é o Bodegón.

25 de noviembre de 2012

Galería de Fotos 5 (Infantís Tempada 2012-2013)

Galería de Fotos 5
(Infantís Tempada 2012-2013)

 Equipo que derrotou esta xornada ó E. D. Amio por 3-2, nun partido moi disputado ata ó final do mesmo. De seguir xogando asi estes fenómenos, han quedar na parte alta da tabla seguro. 
 Oscar (o Capi) fixo un partidazo, moi ben colocado durante todo encontro no centro da defensa. Braian o porteiro segue a mostrarse moi seguro debaixo dos paos, e outra vez, salvounos dun par de ocasións de gol case cantadas.
 "Os tres mosqueteros" defensa central, dianteiro e mediocentro, incansables e pelexóns durante todo encontro que non paran de reir e de correr nin no vestiario, cando se lles está a explicar as cousas.
 Este equipo mellora partido a partido, e forman un grupo moi unido tanto dentro como fóra do campo. Conta con xogadores de moita calidade que si seguen nesta línea, vannos dar moitas alegrias tanto nesta categoría como nas vindeiras.

22 de noviembre de 2012

Galería de Fotos 4

Galería de Fotos 4
Cali foto superior e Pichi foto inferior dous grandes porteiros que están a facer unha excelente tempada en cadetes.

Fuco pelexando un balón aereo cun impresionante salto.
Iago (O Tigre) velocidade e calidade na dianteira.
Toni, Josiño e Aarón sempre dando todo en cada partido.

21 de noviembre de 2012

Os Cadetes da 1ª Autonómica

Os Cadetes da 1ª Autonómica
O equipo saíu esta fin de semana coa equipación azul frente o Sálvora CF.
Os rapaces desta categoría están disputando unha liga moi igualada e competida por tódolos equipos, e meterse nos postos de promoción é o noso primeiro obxetivo. 
Brais, Iago e Juli xogando un balón no partido desta semana contra ó Sálvora CF.
Nas vindeiras xornadas o Equipo enfróntase ós rivais directos da parte alta da tabla, é importante sumar tódolos puntos posibles para non descolgarse na loita pola promoción. 
 Xoán incansable e pelexón forma con Iago (O Tigre) e Martín a nosa dianteira.
De tódolos xeitos a tempada vai ser moi longa e a clasificación a de dar moitas voltas, por iso debemos manter a constancia e o xogo para terminar ahí diante.

 Martín un xogador disciplinado e moi listo dentro da área, que sempre está onde ten que estar, salvou ó equipo fai un par de xornadas con dous goles case o final do partido contra o Peleteiro dunha derrota que xa parecía cantada.