3 de diciembre de 2012

Bo Partido dos Cadetes da 2ª Autonómica

Bo Partido dos Cadetes da 2ª Autonómica
Un partido moi duro o que disputron os nosos cadetes este domingo no estadio de Santa Isabel e nin o frio (ollade como estaba o campo cheo de xeada) nin o Praiña de Potevea ó que derrotaron por 5-1 foron capaces de detelos. ¡¡Noraboa Rapaces!! 
Instante no que Manuel Torres marcou o primeiro dos seus 3 goles. 
Recordade que cada victoria destes rapaces ten moito mérito porque pricipalmente o equipo está formado por xogadores de primeiro ano. Ainda queda moita liga e estamos seguros que estes rapaces han facer un bo papel ó remate da mesma.
Moises vaise ca pelota ante a mirada atenta de Antón e de Anxo.
O obxectivo fundamental e coller experiencia e confianza entre eles. Pois si as cousas saen como temos pensado, este equipo a tempada que ven, terá que xogar na 1ª Autonómica, categoría que ahora están a defender os seus compañeiros de segundo ano. 
 
Normalmente estamos acostumbrados a ver a Pichi voando polos aires e facendo paradas imposibles. Esta foto resume moi ben o que foi o partido, O Bodegón volcado o ataque encerrou ó Praiña no se campo e o noso porteiro apenas tivo traballo. 
Anxo pelexa un balón con un xogador contrario ó fondo Antón sempre pendente. Fixádevos ben como estaba o campo, totalmente conxelado e que fixo co balón se desplazara moi rápido polo terreo de xogo. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario