31 de diciembre de 2012

O noso "Presi".Toda Unha Vida Adicada ó Futbol Base

O noso "Presi"
Toda Unha Vida Adicada ó Futbol Base 

Din que os nenos cando nacen traen un pan debaixo do brazo, Estamos seguros que Suso, o noso Presidente, cando veu ó mundo traía un balón de futbol entre as máns. Esta semán estivemos nas oficinas do club ou o que ven sendo mesmo, ó redor da lareira do Bodegón ó caloriño do lume mentres tomábamos e picábamos algo. Suso puxo enriba da mesa un sobre branco e del sacou unhas fotos que gardaba como ouro en pano. Os seus ollos amosáronnos que estabamos diante dos seus recordos máis senlleiros; entón comezou a falar.... Velaquí vos deixamos algunhas das fotos que alí comentamos e das que estamos encantados de compartir con vos.

Desgraciadamente unha lesión apartouno dos campos de futbol, pero el xa se tiña decatado que o futbol íase convertir na súa paixón. Así comenzou a súa etapa como adestrador alá polo 1977 cando tan só contaba con 18 anos. Estas dúas fotos (superior e inferior) son do primeiro equipo que Suso fundou e dirixíu personalmente; chamábase "O Huracan", un nome que só escoitalo metía medo dentro e fora do campo. 

 
A cara do "Presi" esbozou un sorriso o recordar aquelas equipacións, moi parecidas as do Ajax de Holanda, os terreos de xogo e os balóns, que cando se enchían de auga e barro chegaban a pesar máis que algún xogador (De donde credes que veu o "futbol do patadón"?).  Hoxe estamos pensando en recuperar a equipación do Ajax para os nosos equipos.

Aquí podemos ver a Suso como adestrador do equipo da Almáciga de Santiago corría o ano 1979.

Peña Bodegón Arzúa (infantís 1986 no campo de Lalín)
O primeiro equipo do Bodegón naceu en 1982 e federouse como tal en 1983.

 
Peña Bodegón Arzúa  (Infantís B 1988)
O "Presi" volve a emocionarse cando ollábamos falando, destas dúas fotos (superior e inferior). O Bodegón contaba por aquela época con dous equipos de infantís. Algúns destes rapaces que aquí aparecen teñen hoxe en día fillos e sobriños xogando nas distintas categorías do club.

Peña Bodegón Arzúa  (Infantis A 1988)
Apesares de non ser un club con grandes presupostos e moitos recursos, por el pasarón numerosos rapaces, e todos dun xeito ou doutro, entraron a formar parte desta gran familia que ahora somos. 

Peña Bodegón Arzúa cadetes 1990
Unha foto relativamente reciente, no que Suso levaba personalmente a este equipo de cadetes, ollade como era por aquelas datas o Campo das Cancelas.

Equipo de modestos futbol sala 1992
Como podedes ollar o Bodegón tamén estivo e está, moi viculado ó futbol sala, levado da man de Jose Barreiro, sobre todo nestes momentos en categorías inferiores (prebenxamíns, benxamíns, alevins...) en colaboracón directa co colexio de San Francisco Xavier de Santiago.
Peña Bodegón Arzúa (Fútbol sala senior 25 de noviembre de 2011)


No hay comentarios:

Publicar un comentario