15 de diciembre de 2012

As Xoias do Bodegón (Benxamíns Tempada 2012-13)

As Xoias do Bodegón
(Benxamíns Tempada 2012-13) 
Velaquí os tendes son os máis pequenos do Bodegón, e dos que tamén nos sentimos moi orguiosos. Moitos dos xogadores que agora están a xogar en cadetes, xuvenís e modestos proceden destas categorías e tamén nos consta, que moitos dos mesmos, rechazaron ofertas doutros clubes por seguir defendendo a camiseta do Bodegón, esto fainos pensar que a pesares da nosa humildade, estamos a fecer as cousa ben e é por iso que queremos seguir mellorando, como club e como familia que somos.
 

De pe pola esquerda: Anxo, Sergio, Brais e Adán. Agachados pola esquerda: Raul, Yago, Lucas e David. Adestrador: José Ramón Casal, hai que ter tempo paciencia e dedicación pa adestrar a estas fieras. Nesta foto fáltanos un xogador, Ismael que non puido vir ó partido. 
 
José Barreiro xunto ó Presidente
Neste sentido tamén temos que destacar a labor de José G. Barreiro tanto como adestrador, como coordinador, que leva vinculado ó club case desde a súa fundación. Especialmente adicado os xogadores máis noviños do equipo, tanto a futbol campo como a futbol sala.

 Sergio controla ó balón ante a mirada dos seus compañeiros.
Nestas categorías o resultado é o de menos, o que interesa e que os nenos se divirtan aprendendo a xogar ó futbol e a desenvolverse sólos no campo, no vestiario e como equipo.
 
David e o porteiro Anxo durante o encontro.
A labor dos adestradores nestas edades é fundamental para que logo os rapaces sigan xogando ó futbol e collan cariño pola camiseta que defenden. 
 
Brais pon a pelota en xogo cun bo zapatazo.
Ídevos acordando destes nomes porque de seguro vamos falar deles durante moito tempo son o... futuro do Bodegón!! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario