Os Modestos:
A un Paso do Ascenso
Os modestos chegan á recta final da tempada coas posibilidades intactas, tanto en Copa como na fase de ascenso, e coa mellor versión do seu xogo para saír vitorioso en ambas as dúas competicións.
Esta semana derrotamos no partido de ida da Copa de Santiago, un gran C.D. Conxo por 4-2 e tras remontar un 0-2 incial onde o noso rival xa nos daba por mortos no encontro.
Aínda queda o encontro de volta no feudo do Conxo, e sabemos que a eliminatoria esta aberta, así que debemos ser cautelosos e seguir xogando como sabemos nesta competición.
Se as cousas van ben na Copa, na fase de ascenso que estamos a disputar, tampouco póden ir mellor. Esta semana deixamos apeados desta competición o A. D. Vila de Ordes
Despois do empate a uns conseguido na casa do Ordes nun partido moi bronco e marcado pola polémica tras os acontecementos acaecidos ao remate do encontro. Deixou a eliminatoria pendente do que ocorrera no partido de volta nas Cancelas.
E o que presumía ser un partido moi interesante, non defraudou a ningún dos moitos afeccionados dos dous equipos que alí se deron cita, pola importancia do que se estaba a xogar.
Realmente se somos sinceiros co que vimos, o Bodegón non tivo problemas para dominar co seu xogo o encontro, e Fernando adiantounos no marcador cun fermoso gol xa na primeira parte.
Pero a falta de vinte e cinco minutos para rematar o partido, un desconcerto na defensa, e un erro nas marcas, o Ordes empata o encontro e vénse arriba no seu xogo.
Non obstante o Bodegón non perdeu nin a calma, nin o seu sitio no campo, e Álvaro que entrou na segunda parte puxo o 2-1 no marcador e devolveu a tranquilidade á grada que xa pensaba na prorroga.
E cando xa faltaban cinco minutos para o final, Beto lévase el só a medio equipo do Ordes, porteiro incluído, e marca a pracer un soberbio gol dos que quedan sen dúbida para o recordo.
Ao final 3-1 para o Bodegón, que pasa á fase final de ascenso, o partido tivo algúns momentos de tensión pola importancia do que se estaba a xogar, pero que non foron en ningún momento a máis.
Temos que dicir que o encontro estivo marcado pola deportividade tanto dentro do terreo de xogo, como na bancada por parte das dúas afeccións, e cuxo comportamento distou moito do visto no encontro de ida.
Está claro que dos erros tamén se aprende e temos que ter claro, que debemos evitar e condenar todas as accións violentas e antideportivas nun terreo de xogo.
Esta importante vitoria métenos na fase final da loita polo ascenso a 2ª Autonómica, e na que nos está a esperar outro gran rival como é o Atho Pino que vén de gañar ao A.D. Pino na súa fase previa.
De novo final a dous partidos, onde o Bodegón debe dar mais que o mellor de si, para conseguir afrontar esta grande eliminatoria, que nos pode dar o pase a unha categoría superior, e na que se chegamos co equipo que temos, podemos facer grandes cousas a tempada que vén
Pero de momento seguimos adiante e máis unidos ca nunca.
¡¡VAMOS BODEGÓN!!