O Bodegón: SEGUE LOITANDO
Os Modestos a Por Todas
Os modestos seguen coa súa boa tempada e bo xogo, e así vese reflectido cos bos resultados que están a conseguir. Esta semana disputaron dous partidos un de liga e outro de copa, con sendas vitorias como resultado.
No primeiro partido da Copa de Santiago e a falta de disputar o partido de volta, xa teñen encarrilado o pase á seguinte rolda, tras derrotar por un contundente 0-7 á Gracia C.F.
No seu último partido de liga derrotaron o Sporting Santiago por 0-1. Polo tanto pasan a disputar a fase de ascenso dentro do grupo no que están encadrados.
O noso rival na promoción será o Vila de Ordes a dobre partido, e se gañamos, deberemos enfrontarnos ao vencedor do outro emparellamento de grupo, que é entre o Atlco Pino e O Piñeiro C.F.
Unha promoción complicada fronte a grandes rivais, pero hai equipo e calidade, por iso temos que disputar os partidos intentando por todos os medios non cometer erros para xogar como sabemos, e lograr o noso obxectivo, que é voltar a 2ª autonómica.
Tamén debemos seguir centrados na Copa de Santiago, onde queremos e debemos, defender o noso título de vixente campión que conseguimos a tempada pasada tan brillantemente.
Os Cadetes na Copa de Santiago
Esta xornada, debemos recoñecer o gran partido de ida realizado polo equipo de cadetes fronte ao recente campión de liga como é a Victoria C.F., onde os nosos xogadores puxeron entrega e bo xogo durante todo o partido.
A pesar de que perdemos por 1-2 nun encontro onde merecemos moito máis por calidade e xogo que o noso rival, o bonito gol de Dani, todavía deixa as portas abertas para o partido de volta.
Estamos seguros que o Victoria C.F. vai saír a por todas no partido de volta, pero o Bodegón é un óso duro de roer. Pode ser que nos gañen, pero tamén pode ser, que non teñan tanta sorte como no partido de ida. Quedan 90 minutos por xogar e van ser duros para os dous equipos
Os Xuvenís Preparando a Copa de Santiago
Imos rematar o repaso desta xornada falando de Pablo Baleato (na foto), adestrador do equipo de xuvenís da S.D. Dubra e reconocerlle, e felicitalo polo excelente traballo que está a realizar cos seus xogadores, tanto no terreo deportivo, como de grupo que son. "Certamente todo un exemplo a seguir".
Esta semana os xuvenís do Bodegón disputaron un encontro amigable fronte á S.D. Dubra e á que temos que agradecer, que nos deixase utilizar o seu campo de céspede natural para realizar este encontro.
VÍDEO GALERÍA DE IMAXES DO ENCONTRO
Aquí deixámosvos unha pequena galería de fotos do encontro. Podedes vela directamente dende a páxina ou ben picando sobre "ver vídeo galería" para aceder á nosa canle de youtube.
Cunha tarde estupenda, e un campo nunhas condicións inmellorables para a práctica do fútbol, puidemos presenciar un bo partido, onde os adestradores de ambos os dous equipos, puideron sacar boa nota de cara ás competicións de copa que van disputar
A pesar da boa relación que existe entre os xogadores dos dous equipos, a rivalidade no terreo de xogo estivo patente durante os noventa minutos de encontro que resultou ser moi disputado.
O partido estivo moi igualado e os xogadores dedicáronse a xogar e a deixar xogar, o que favoreceu que viramos un partido bonito, e de moita calidade por ambos os dous lados, e aínda que o empate a uns estivo campando gran parte do encontro no marcador...
A S.D. Dubra fixo prevalecer o seu poderío fisico sobre todo nos últimos vinte minutos, e rematou levando o encontro por 3-1.
No hay comentarios:
Publicar un comentario