2 de mayo de 2015

Os Xuvenís: Fan un Gran Torneo na Ulla

Os Xuvenís: 
Fan un Gran Torneo na Ulla

Esta fin de semana aproveitando a festividade do primeiro de maio, o Bodegón de xuvenís (na foto superior), desprazouse a Sta Cruz de Rivadulla para disputar un torneo ante grandes equipos como a S.D. Compostela, e C.D. San Mamed.

VÍDEO GALERÍA DE FOTOS


Aquí deixámosvos un pequeno vídeo, con algúns dos momentos do torneo. Para velos podes facelo directamente dende paxína ou picando enriba de, ver vídeo, para acceder á canle de youtube.


O equipo acudíu a esta cita cun plantel moi xusto, pois algúns dos seus xogadores aproveitaron o fin de semana longo e que a liga xa finalizou, para irse de descanso.

Pero como sempre o equipo tirou de unión, entrega e poñer no campo o que hai que poñer... Para realizar un gran torneo, disputando a gran nivel todos os encontros que xogou.

De feito quedamos subcampions por un penalti cando menos inxusto (por non dicir inexistente) e no último minuto fronte á S. D. Compostela, á que arrasamos no partido, e ao que os postes, e o porteiro libraron de meterlle tres ou catro goles.

Tajes na foto un dos mellores xogadores do torneo.
Pero o fútbol todos sabemos o que é, un deporte e nada máis, que remata cando pita final o árbitro e a rivalidade queda no campo. Felicitar o campeón que foi a S.D. Compostela e agradecerlle o C. D. San Mamed por contar con nos para este torneo, que resultou disputadísimo e emocionante ata o último encontro.

O equipo saíu moi reforzado deste torneo, tanto no seu xogo que mellorou moito no que vimos durante estes últimos encontros de liga e amigables, así como no anímico, onde puido decatarse que podemos enfrontarnos a calquera rival por duro que sexa.



O próximo fin de semana volveremos disputar outro encontro amigable para seguir mantendo o ritmo de competición, e de cara a preparar a eliminatoria de Copa frete ao S.D. Villestro.

Sabemos que é unha eliminatoria moi difícil, pero tamén temos que pensar que non existe presión ningunha, e só debemos facelo o mellor que poidamos,  xogar como sabemos, e dándoo todo ata o final do encontro.

Aquí deixámosvos a foto de familia dos tres equipos que participaron neste torneo, que resultou ser moi disputado, interesante e entretido dende o principio ata o remate deste. Sempre debemos quedar co bo das cousas, e neste caso debe primar a deportividade o bo comportamento das afeccións e o respecto.

C. D. San Mamed.
Un gran club co que mantemos unha cordial relación e ao que nos gusta enfrontarnos sempre, tanto en partidos de competición como amigables.

Peña Bodegón Arzúa
Unha vez máis felicitalos polo bo torneo que realizaron e recordar que a súa forza está na unidade do grupo que forman, e das adversidades que deben superar xuntos.

S. D. Compostela
Un grande equipo que entrará a disputar igual que nós a Copa de Santiago, quen sabe se volveremos coincidir nos cruzamentos dentro de está competición, pero está claro que nos gustaría moito, e poder ver así outro grande encontro como os vistos esta tempada na liga, ou neste torneo.

Xoan e Jose (Josiño) na foto superior, son o exemplo personificado do que representa a filosofía do Bodegón. Dous grandes xogadores que levan nada máis e nada menos que once anos vestindo a mesma camiseta e defendendo o escudo do equipo que os viu crecer como xogadores. Gañaron moitos partidos e perderon outros, sofren tempada tras tempada, todos os inconvintes de pertencer a un equipo humilde.

Pero cada vez que saen ao campo, fano dispostos a dalo todo polo escudo. Pode que nunca cheguen a xogar ningún campionato nacional de liga (aínda que por ofertas non é...) pero o que nunca poderán roubarlle será a súa personalidade e a súa nobreza, que ao final na súa vida, será o seu maior trofeo.

E se seguimos falando de filosofía do Bodegón, para mostra un botón... Jose e Manuel na foto superior son a paciencia personificada, o traballo e o saber entender e sacar o mellor de cada xogador. Cando o doado sería dicir, este non me vale, este non serve, ou se non me pagas eu non adestro e voume, eles deciden quedarse e seguir loitando sen darse por vencidos, por iso o meritorio aínda que pouco recoñecida do seu labor e que dende o club queremos agradecer.


No hay comentarios:

Publicar un comentario