Os Cadetes
"Seguen a Loitar e non Baixan os Brazos"
Os Cadetes (na foto no encontro contra a S.D. Rois) seguen a loitar pola permanencia na categoría, unha tarefa dura, pero na que están a mostrar un coportamento exemplar.
Manuel (na foto) que é o responsable máximo do equipo, está a facer unha gran labor co grupo, e como adestrador segue fiel ós seus principios de querer que os seus xogadores fagan un fútbol ordenado, toquen o balón e teñan a posesión do mesmo.
Sergio no poste da portería olla como Xián salta ó remate dun corner.
No equipo, xa estamos a ver xogadores como Xian, que sendo infantís de último ano, pola súa progresión como futbolistas, están a ter minutos nesta categoría, e a verdadade e que non o están a facer nada mal.
Yago en primeira estancia e Gándara, no encontro contra o Bertamiráns C.F.
Si ben é certo que o equipo está a sufrir nos encontros que disputa, temos que dicir no seu favor, que nesta segunda volta estase a notar unha melloría significativa no seu xogo.
Moisés, Yago, Pablo, e Juan nun momento do encontro ante o Bertamiráns C.F.
No equipo hai xogadores que amosan boas maneiras e grandes cualidades no xogo, e pese a estar loitando por sair dos postos perigosos da táboa, segúen mantendo a unión dentro e fóra do campo e pelexando por cada punto en xogo.
Nesta categoría, a liga está sendo moi competida tanto nos postos de arriba, como nos de abaixo e tan só estamos a seis puntos da salvación, como ben dixemos quedan partidos, e temos equipo para conseguilo.
Temos que destacar notablemente a labor que está a facer Miguel (na foto) para o equipo. Este xogador que se incorporou na segunda volta, está ben integrado ó lado dos seus compañeiros, non só amosándose como un referente na punta do ataque, senon tamén animando e tirando polo grupo.
Os xogadores e o corpo técnico retirándose ó vestiario ó remate do encontro.
Dende o primeiro momento confiamos neste grupo, e sabemos que non é unha tarefa nada fácil, pero somos o Bodegón Arzúa e si algo sabemos, e sufrir e loitar, e así imos seguir ata o remate da liga para intentar acadar o noso obxectivo.