Os Xuvenís "A"
"Descólganse Dos Postos De Cabeza"
Os Xuvenís "A" no último encontro frote ó Peleteiro.
Tras dúas xornadas de descanso debido á pésima programación do calendario que fixo a Federacion Galega de Fútbol. O equipo retoma a competición, despois dun mal comenzo da segunda volta cunha derrota, e un empate que de nada lle serve de cara os obxectivos que temos para este equipo.
Pisón na foto, non tivo xunto co equipo o seu día (máis preocupado do que estaba a acontecer na grada que no terreo de xogo) fixo un gol moi bonito, pero a 10 minutos do remate do encontro, e cando xa perdiamos por 4-0.
Manel nun momento do encontro.
Este equipo formados por xogadores veteranos na categoría, non manten unha línea de regularidade nos resultados que acada, por este motivo xa cede demasiados puntos e descólgase cada vez máis dos postos de arriba.
Jandro e Pedro, antes de dar comezo a segunda parte do encontro.
Nesta liga onde básicamente pensamos que só hai tres equipos que nos poden facer sombra de cara as nosas aspiracións, e que son Santiago, Bertamiráns e Peleteiro, non nos vale outra cousa que gañar e loitar por unha desas tres plazas que nos permita xogar unha posible fase de ascenso.
A mellor noticia e que Antón ("Piru") na foto e Antonio xa están recuperados e xogando ó lado dos seus compañeiros. Esperemos que tras estas dúas xornadas de descanso o equipo tome conciencia de cales son as súas metas de cara ó final da liga, e mostren todo ese potencial que sen dúbida algunha ten.
Moises en primeira estancia e Marcos durante o encontro.
Ainda temos a posibiladade de loitar por esa terceira praza da clasificación, pero para eso hai que sair a dalo todo en cada encontro, e tentar non ceder máis puntos dende a vindeira xornada ata o remate da liga.
Pedro, Manel e Hugo ó remate do encontro.
A segunda volta non fixo máis que comezar, quedan moitos partidos e poden pasar moitas cousas aínda, nos estamos convencidos que este equipo pode, e polo tanto ten que dar moito máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario