17 de febrero de 2014

Os Infantís "Disfrutando do Fútbol"

Os Infantís
"Disfrutando do Fútbol" 
Os infantís comezaron esta segunda volta da liga coa línea de melloría que ven amosando durante esta tempada, que ademais está sendo tranquila para eles, e onde os xogadores forman un bo grupo como así o demostran os resultados que están a conseguir. 

A estas alturas da competición levan disputados dezaoito encontros, e tan só levan encaixadas cinco derrotas, tres empates e o resto son victorias. Aínda que nestes momentos ocupan o sexto posto da clasificación están só a seis puntos do cuarto clasificado.

Nunha liga onde o Atl. Fátima é o lider indiscutible da mesma, pois segue invicto e sen amosar ningún tipo de debilidade no seu xogo. Ségueno de cerca o Compostela e La Salle, que son claros aspirantes a ocupar os tres primeiros postos da táboa de clasificación.

Un bo resultado de aquí ó final da liga, sería rematar no cuarto posto da mesma ó lado destos tres equipos. Temos un excelente grupo con xogadores de moita calidade no que incluso algúns deles, xa están subindo a xogar partidos e ter minutos cos cadetes da 1ª autonómica. 

Manuel no partido contra o Belvís.
Pero a pesares de estes resultados temos que dicir, que nos aínda pensamos, que o equipo está xogando a un 75 por cento (sendo xenerosos) do que realmente pode dar. Dende o noso punto de vista sale volcado ó ataque (88 goles a favor) pero non defende con intensidade e segue encaixando goles con moita facilidade (66 en contra) e ben puido ter gañado algún encontro máis se traballara máis todo o equipo en defensa. 

Esta xornada enfróntanse a S.D. Compostela un claro candidato a conseguir un posto para o ascenso. Os grandes partidos fanse contra os grandes equipos e aquí, temos unha boa ocasión de plantarlle cara a uns dos mellores desta liga. 

A segunda volta non fixo máis que comezar, e queremos ver este equipo ó lado dos mellores que é donde debe estar, para iso debe seguir traballando como ata o de agora para chegar á Copa de Santiago nun bo momento de forma e poder disputala con garantías. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario