29 de octubre de 2013

Os Modestos "Non Poden Fallar"

Os Modestos   
"Non Poden Fallar"
Os Modestos encaixan dúas derrotas consecutivas, a semana pasada contra o Fátima no seu campo por 3-0, nun terreo de xogo en pésimas condicións (que semella incluso un pouco de abandono) e faltas de medida de seguridade nas bandas, e pola outra parte, sin entrar en polémicas arbitrais pensamos que dous dos tantos que subiron ó marcador non debían telo feito.

Pese a todo o noso equipo tampouco fixo un dos seus mellores encontros e a derrota non ten maiores xustificacións. Só felicitar ó Fátima pola victoria acadada e dexesarlles boa sorte na liga.   

E esta xornada voltamos a sair derrotados, nesta ocasión por 2-1 no campo de As Cancelas fronte ó C.D. Laro, nun partido bastante igualado na que os erros puntuais son os que determinan o resultado final do encontro.

Jacobo (na foto, nun momento do encontro disputado fronte ó Fatima) un xogador da casa, e dos que da todo no campo. 
O noso próximo rival é o Deixebre C.F. Un partido onde o equipo debe retomar a línea de xogo que sabe facer, e non perder a confianza en si mesmos senon queren deixar escapar máis puntos, que logo ó remate da liga, imos votar de menos.

VÍDEO DO ENCONTRO
Peña Bodegón Arzúa - C.D. Laro
VER VÍDEO

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo do que foi o partido entre o Peña Bodegón Arzúa e o C. D. Laro, un encontro onde o Bodegón non tivo moitas ocasións pero ben puido ter acadado o empate. De tódolos xeitos mantéñense as esperanzas intactas cando menos de cara os dous seguientes encontros. Nos confiamos na calidade dos nosos xogadores e no seu compromiso co Club, e por ánimos por parte da afición tapouco vai ser.

Os Cadetes "Cóstalle entrar no ritmo da 1ª Autonómica"

Os Cadetes 
"Cóstalle entrar no ritmo da 1ª Autonómica"
O equipo de cadetes encaixou nestas dúas últimas xornadas sendas derrotas, a primeira fronte ó Bertamirans C.F. e a segunta fronte a S.D. Xuventude de Aguiño.

Sergio na foto, presionado por dous xogadores do Bertamiráns F.C.
Parece que ós xogadores cóstalle adaptarse a esta liga onde se corre, e se xoga dende o minuto un ata o remate do encontro. 

E a pesares de que temos xogadores con calidade, amosan faltarlle algo de intensidade e un pouquiño máis de cararcter á hora de disputar os partidos.

Manuel ó que vemos na foto durante un adestramento, é unha persoa con ampla experiencia na dirección de equipos e dunha gran calidade humana, que de seguro ha de facer destes rapaces grandes xogadores. 

Os xogadores xa están nunha edade na que hai que pedirlles maiores compromisos tanto a nivel competitivo como persoal á hora de disputar os encontros, para mellorar o seu rendemento deportivo.

Todavía estamos na metade da primeira volta da liga, e aínda queda toda a segunda por disputar así que falta moito por ver nesta competición, e si apretan un pouco máis de seguro pronto van sair dos postos baixos da táboa.

22 de octubre de 2013

EQUIPO DE XUVENÍS "B" TEMPADA 2013-2014

EQUIPO DE XUVENÍS "B"
 Tempada 2013-2014
Equipo de Xuvenís "B Tempada 2013-14
Aquí vos deixamos a foto do equipo de xuvenís "B" xunto ó seu delegado Antonio, que está a disputar a liga na Segunda Autonómica do grupo 5º, e que esta xornada  derrotou na súa casa ó Sporting Estrada por 2-6 nun partido ben traballado polos nosos xogadores.


Miguel con sudadera verde e bolso roxo e Jose con sudadera verde e co botiquín na man (1º e 2º adestrador respectivamente) son os encargados de dirixir este equipo que se caracteriza básicamente pola súa disciplina, traballo, compañerismo e unión dentro e fora do vestiario.


Brais lévase por velocidade, a pelota ante a presíon dun contrario
Un equipo como sabedes formado na súa meirande parte por xogadores de 1º e 2º ano de xuvenil e que esta a facer un comezo de tempada realmente bo, pois no que vai de liga ta só perderon un encontro e o resto son victorias. 


Marcelo disputando un balón.
Con 30 goles a favor e tan só 8 en contra convírteno no equipo ata o de agora máis goleador da liga e o segúndo que menos encaixa despois do SD. Cruces e que á postre é o lider da clasificación.

Chechu e Yago durante un encontro esta tempada.
O equipo afronta nas vindeiras xornadas encontros determinates nesta primeira volta, ante grandes equipos coma o Cruces, Lalín, Val do Ulla,  Callobre, Oroso e E. D. Arzúa e son os que van a estar ahí na parte alta da taboa.  


Lucas despexa un balón de cabeza ante a mirada de Toni.
De tódolos xeitos o noso obxectivo fundamental e traballar moito e mellorar fisica e tácticamente o nivel deste equipo tan novo, e nas que tantas esperanzas temos postas, por iso decidimos non competir na liga de Santiago e participar nesta outra con equipos moi curtidos, para poder aprender e subir o noso rendemento de cara ó futuro.

Marcus no encontro frote ó Sporting Estrada.
Outra boa nova e que Miguel xa ten toda a plantilla a súa disposición, Marcus que estaba a recuperarse dunha lesión que sufríu en pretempada, xa está recuperado e disputou ante Sp. Estrada os seu primeiro partido en competición oficial. 

GALERÍA DE FOTOS
Cali na foto superior é un estupendo porteiro que segue mantendo a boa línea de traballo que xa mostrou estes anos de atrás en cadetes, con excelentes intervencións nos encontros.

Esteban (facendo unha boa parada na foto) foi unha das novas incorporación desta tempada para reforzar a portería. Este xogador que co seu traballo nos adestramentos está a  mellorar cada día máis para gozar da confianza dos seus adestradores, loita cada semana (ó lado do seu amigo Cali)  polo posto baixo os paos da portería. 

Yago (O Tigre) no momento que resolve a saída do porteiro do Calo, para acadar un dos seus goles nese partido. O ano pasado xa fixo unha boa tempada, pero nesta, está a mellorar as súas marcas como gran dianteiro que é.  
Josiño na foto lévase o balón (con túnel incluído) frente a un xogador contrario ante a mirada de Brais e Aarón. Sen dúbida unha gran foto, que demostra a calidade dos nosos xogadores e do desparpaxo con que xogan nesta nova categoría.


Gustavo no partido disputado contra a S.D. Bandeira
Este equipo que comezou a adestrar a comezos de Agosto, ven mostrando unha progresión claramente ascendete, no que se refire a físico e nivel de xogo, pero aínda queda moita competición e han pasar moitas cousas por eso hai que ser cautelosos e ir pouco a pouco e partido a partido.

Toni (na foto, sacando un balón controlado da súa área) volve a xogar este ano de central, no que é a sua posición natural e na que o xogador recoñece estar máis cómodo.

Alberto (Sanchís) controlando un balón.
A polivalencia de moitos dos nosos xogadores, permite que estes poidan xogar en diferentes posicións do campo e polo tanto facilitar as tarefas dos adestradores á hora de plantexar os encontros no caso de haber baixas ou lesións, ou dependendo do rival ó que nos enfrentemos.

Juli (na foto) outro xogador con gran calidade nos pes, e o que estamos dexesando verlle facer fermosos  regates e goles tan expléndidos, como os da tempada pasada.

Os xogadores celebrando un gol.
Como ben dixemos ó comezo desta entrada, o noso propósito para este ano é traballar duro, aprender, mellorar e disfrutar desta nova categoría na que estamos, e cando menos intentar darlle un susto ós rivais que nos estamos enfrentando. Pero tamén está claro que....
¡¡¡ Si Podemos Ímolo Tentar!!!

16 de octubre de 2013

Os Modestos fan un "Partido Heroico" ante o Chaián C.F.

Os Modestos 
 "Partido Heroico" ante o Chaián C.F.

Unha vez máis os modestos volven a mostrar 
o seu compromiso, e a súa calidade.

Beto na foto foi o autor dos goles.
Non sería xusto pechar esta semana sin falar do gran partido que fixo o noso Equipo de Modestos, derrotando ó lider do grupo, o Chaián C.F por 2-1 no campo das Cancelas, non só acadaron tres importantes puntos, senon que esta victoria supón unha importante dose de moral de cara as vindeiras xornadas.

Fran nun encontro da tempada pasada.
A expectacularidade da victoria non radica só en ter derrotado ó lider da clasificación, senon en como tivo lugar, pois o equipo afrontou o encontro con numerosas baixas e case sin cambios debido a que o partido celebrouse moi tarde, e algúns dos seus xogadores non puideron estar presentes por motivos laborais.

Merecedora de todo eloxio a aptitude Dieguito (na foto) no encontro, pois a pesares de non estar ó cento por cento físicamente debido a problemas muculares, forzou a súa reaparición para loitar ó lado dos seus compañeiros no terreo de xogo. Con xogadores desta calidade e con este gran corazón é imposible perder.

Vídeo do Encontro
VER VÍDEO

Por desgracia non temos ningunha foto do partido, pero si vos deixamos este pequeno vídeo grabado ese domingo pola afición, para que sirva de recordo ós xogadores de que... 
¡¡¡Querer é Poder!!! 

14 de octubre de 2013

EQUIPO DE XUVENÍS "A", TEMPADA 2013-2014

EQUIPO DE XUVENÍS "A"
 Tempada 2013-2014

Equipo de Xuvenís "A" Tempada 2013-14.
Esta é a primeira foto oficial do equipo que está a disputar a liga de Xuvenís en 2ª Autonómica grupo 3º. Aquí vos deixamos un pequeno vídeo para que os podades coñecer a todos eles.


PICADE NA FRECHA PARA VER O VÍDEO

Jose Bascoy é o máximo responsable desta plantilla formada por dezaoito xogadores, e donde a maioría dos mesmos, xa son xuvenís de terceiro e segundo ano. 

Yago (na foto superior) como segundo adestrador, e Manuel (foto inferior) como delegado do equipo son os encargados de estar ó lado de Bascoy na dirección do mesmo. 

De Yago e de Manuel imos falar moito esta tempada, pois tamén ten asumido o reto entre os dous (como primeiro e segundo adestrador respectivamente), de levar ó equipo de infantís cara arriba na liga, e de momento estano a facer bastante ben. 

Pola esquerda: Antón, Toni, Sergio (Sebas) e Dani.
Moito mérito ten estes grandes xogadores, que son os máis novos da plantilla, e traballan duro en cada adestramento para poder saltar ó campo cada xornada e disputar o máximo de minutos. De seguro van coller unha boa experiencia esta tempada.

Cristian no partido xogado contra o Santiago
Con un equipo bastante máis sólido e reforzado que o da tempada pasada, non debemos buscar outra meta que a de loitar por unha das tres prazas que nos deixen xogar a promoción a 1ª Autonómica.

Manuel, e Pisón son dous bos dianteiros que fan traballar moito as defensas rivais.
Unha competición que vai ser dura e nada doada, o equipo ten que vaciarse en cada encontro e dar o mellor deles, si queremos acadar o noso obxectivo.

Manel loitando un balón.
Despois de golear ó Amio C.F. por 5-0, a xornada pasada perdemos por 0-2 fronte a un rival directo como é o Santiago de Compostela. Un partido que tivemos controlado durante 75 minutos pero que se nos foi nos últimos minutos, porque os nosos xogadores viñéronse abaixo fisicamente.

O Equipo ten calidade e experiencia suficiente para loitar por esas prazas que poden levarnos a 1ª Autonómica, e na que xa estivemos fai tres anos, e á que queremos voltar canto antes. 

7 de octubre de 2013

EQUIPO DE MODESTOS TEMPADA 2013-2014

EQUIPO DE MODESTOS 
TEMPADA 2013-2014
Aquí tendes a primeira foto oficial do Equipo de Modestos para a tempada 2012-2013.
Os xogadores despois de sufrir un duro revés pola marcha do seu adestrador nas primeiras xornadas de liga, non se veñen abaixo e continúan a súa loita na competición.

O propio Presidente e os capitáns do equipo deciden coller as rendas do mesmo, mentres non encontremos un adestrador coa suficiente garantía para poder levar ó grupo tan bo que temos.

Kin (na foto) que pronto volverá ós terreos de xogo para defender a camiseta do Bodegón dentro do campo, é o encargado de coordinar os adestramentos dos seus compañeiros e de sentarse no banquillo como adestrador ó lado do Presidente.

Este grupo caracterízase pola unión e o compromiso entre os xogadores, como xa desmostraron a tempada pasada. É por eso, que estamos convencidos que unha vez máis voltarán a dar o mellor de sí para levar o equipo a bo porto.

 
C.D. Belvís e o Bodegón Arzúa saúdanse antes de dar comenzo ó encontro, un vibrante e emocionante partido nun día gris, no que o noso equipo foi de menos a máis e acadou un valioso empate (3-3) frente a un rival difícil.

Despois de varias xornadas sin coñecer a derrota, o pasado domingo, enfretámonos ó AG. D. Guimarei na súa casa, o encontro rematou con derrota por 2-0. Unha xornada máis o Bodegón non tivo sorte da cara ó gol, xa que 4 balóns forón directos ós paos, e a actitude do equipo foi boa e competitiva ata o remate do partido.

Este tipo de encontros cando non acertas a meter o balón no fondo das mallas, da a impresión de que fixeches un mal partido a tenor do resultado pero o que se ve no campo resulta ser todo ó contrario. 

Pero nós somos o Bodegón acostumbrados a sufrir e a pelexar en tódalas batallas, sabemos que temos bo equipo e queda moita liga, e o que non imos facer nunca é tirar a toalla.


1 de octubre de 2013

EQUIPO DE INFANTÍS TEMPADA 2013-2014

EQUIPO DE INFANTÍS 
TEMPADA 2013-2014

Aquí vos deixamos a primeira foto oficial do equipo de Infantís para e tempada 2013-2014. Yago (de pe con sudadera blanca) e Manuel (de pe con polo gris), asumen a responsabilidade de levar este gran equipo e de loitar polos postos altos da tabla ó remate da liga.

Este ano a competición comezou moi cedo, e os xogadores case non tiveron tempo de facer pretempada para amoldarse no xogo entre eles.

Pese a todo, este fenomenal equipo comenza a tempada do mesmo xeito que remataron  a liga pasada, mostrando un bo xogo e goleando nos partidos que disputan como así o demostran os resultados acadados, pois ata o de agora, tan só perderon un encontro dos cinco que levan disputados.

Ivan nun momento do encontro contra o Amio C.F.
Esperemos que a liga trascorra normalmente para eles, e non teñamos altibaixos como a tempada pasada, seguro que estes grandes xogadores vannos facer pasar momentos emocionantes durante a competición, e na que temos postas moitas ilusións para este equipo.

Lois e Xián dous bos amigos e grandes xogadores.
Ó igual que co resto das categorías en vindeiras entradas, irémolos presentando para que podades conocelos a todos, e saber da súa andadura na liga.

Dani en primeira estancia xunto con algúns compañeiros de plantilla, noutro momento do encontro que xogamos frente ó Amio C.F. e ó que tamén xa derrotamos nesta tempada.

Duas Grandes Fotos
Duas fotos moi boas, coas que queremos agradecer o traballo das persoas que estades a colaborar con nós coas vosas fotos, vídeos, comentarios dos encontros etc, para que esta gran familia do club "Peña Bodegón Arzúa" e da que formamos parte todos, siga medrando día a día.

A todos vos, moitas gracias por estar sempre ahí, ó lado dos nosos equipos.