24 de septiembre de 2016

Os Modestos: Comezo Irregular...

Os Modestos: 
Comezo Irregular...
Os modestos comezan a liga cun equipo realmente prometedor, que este ano vese reforzado coa chegada de grandes xogadores procedentes da canteira, e que estamos seguros achegarán moitas cousas positivas a este grupo tan consolidado.

De todos os xeitos e moi a pesar noso, temos que dicir que despois de levar disputados catro partidos nótase que ao equipo fáltalle rodaxe e a fluidez no xogo á que nos ten afeito durante estes últimos anos.

Dúas derrotas e duas victorias son os resultados conseguidos ata o momento, e aínda que gañamos o último encontro cun contundente 4-0, non debemos esquecer que no partido anterior o rival remontounos e gañou o encontro no tempo de desconto.

 
Este gran equipo, co plantel que ten, e coa calidade dos seus xogadores, non pode permitirse outra cousa que non sexa aspirar a loitar por todo esta tempada.

Queda moita liga e moitos partidos que disputar, somos un equipo afeito a loitar e a sufrir ata o último minuto. O noso obxectivo non pasa por outra cousa que loitar por ese ansiado ascenso e volver disputar a  final da Copa de Santiago.

A experiencia demostrada, a calidade e a mocidade  que teñen os xogadores en este equipo, seguro que como sempre nos fará vivir tardes de fútbol inesquecibles e por que non, celebrar algún titulo.

A vindeira fin de semana enfrontámonos a un equipo correúdo e con xogadores moi veteranos como é o Viduído C.F. Sen dúbida unha proba interesante para saber se o equipo continua cara á progresión de afianzar o seu xogo.

Tamén nos comprace comunicarvos que despois de intensas xestións e superar numerosas dificultades o equipo de xuvenís debuta en liga esta xornada, nin máis nin menos que fronte a un gran rival como é a S.D. Negreira, e do cal daremos conta do que fagan esta tempada.

5 de septiembre de 2016

Tempada 2016 - 2017: A Pelota Comeza a Rodar

Tempada 2016 - 2017:
 A Pelota Comeza a Rodar
      Equipo de Modestos que debutou fronte á S.D. Calo no primeiro partido de liga.
Como a vida mesma, o tempo pasa sen présa pero sen pausa, e así case sen darnos conta, comeza unha nova liga, e con ela volve a emoción de ver aos nosos equipos competir no terreo de xogo novamente.
 
Fronte a un rival complicado como o Calo, nun terreo de xogo moi pequeno e en bastante mal estado,  o noso equipo de modestos debutou cunha derrota neste primeiro partido de liga.

Tamén é certo e de todos coñecidos, que este equipo nunca estivo aliado coa fortuna que ás veces atopan outros equipos que mostran un nivel de xogo  bastante inferior ao noso.

De todos os xeitos o equipo deixounos boas sensacións e seguro que irá progresando ata alcanzar ese bo xogo e ese espírito combativo polo que se caracteriza cada tempada.
 
Aínda faltan por chegar á disciplina do club algunhas incorporacións máis, que darán máis alternativas e solidez ao grupo.
 
Tal e como diciamos cando despedimos a tempada pasada, cada ano resulta máis difícil sacar a competir un equipo en cada categoría. A falta de medios económicos e dunha infraestrutura base que permita dar continuidade aos equipos, fan que sexa isto unha misión case imposible.
 
De todos os xeitos aínda quedan persoas altruístas e xogadores tan comprometidos co escudo que defenden, que fan que o club siga vivo un ano máis.
 
A pesar que o presidente apura as súas xestións ata o último segundo para acabar de formar o equipo de xuvenís que este ano tamén pretendemos manter, cremos que vai ser unha tarefa moi difícil aínda que non imposible.
 
 De momento estamos vivos, e por iso imos loitar como todos os anos por dar o máximo posible en todas as competicións nas que participemos.
 
 
Todos os que formamos parte desta gran familia do Bodegón sabemos o que é sufrir e o que custa cada vitoria.