Os Modestos:
Final da Tempada
Cando un mira estas fotos e fas repaso de todo o que traballou e loitou este equipo durante toda a tempada, é cando te dás conta do moito que se sofre, cando queres a un equipo, e o difícil que resulta escribir este texto sen evitar sentir certa emoción.
O equipo realizou unha máis que brillante tempada nunha liga que en principio non supoñiamos que ía ser tan igualada e disputada.
A pesar de todo saímos a disputala aspirando ao máximo, como así quedou demostrado na clasificación, onde mantivemos ata o final de liga opcións a gañar o titulo, ainda que ao remate da mesma, tivemos que conformarnos cun meritorio segundo posto.
O segundo posto non nos deu o ascenso directo, pero si nos permitiu xogar a fase de ascenso a 2ª Autonómica.
E aínda que sabiamos que tiñamos en fronte un duro rival, como era La Salle de Santiago, para xogarnos esta fase, ben é certo que viamos este reto como algo que si podiamos asumir.
Con todo, as cousas non saíron como esperabamos e vímonos superados polo equipo contrario tanto no encontro de ida como no de volta.
Desta forma perdemos por segundo ano consecutivo a posibilidade de ascender a unha categoría superior que é onde realmente pensamos que debe estar este equipo.
Tras este duro pau, e lonxe de virnos abaixo e case sen darnos tempo a pensar, entramos a disputar A Copa de Santiago.
Unha competición que sempre se nos deu ben e que tampouco iamos deixar pasar a ocasión de revalidar o titulo conseguido a tempada pasada.
Despois de xogar as fases previas correspondentes, logramos meternos na final para disputala ante o Zona Vella C.F.
Unha final tamén moi disputada que tivo que decidirse na quenda de penaltis, e onde a fortuna unha vez máis, non estivo do noso lado.
Como dixemos unha tempada brillante que nos deixa un sabor de boca agridoce, pois non conseguimos rematar cun título, en ningunha das competicións nas que participamos este ano.
Pero agora xa non é tempo de pensar nas derrotas, senón de quedar con todos os bos momentos que pasamos esta tempada, competindo a un moi bo nivel e gozando do bo ambiente que existe neste vestiario.
Un bloque moi consolidado dentro e fóra do campo que chegou a converterse nestes últimos anos nun referente entre os equipos do area de Santiago.
Tamén é de recibo dicir e agradecer o gran traballo feito polos seus adestradores, que co seu bo facer e o seu compromiso co grupo fan posible que todos podamos gozar cando vemos xogar este equipo.
Agora é tempo para descansar e esquecerse do futbol ata a próxima tempada, onde de novo volveremos saltar ao campo dispostos como sempre a plantar batalla a calquera equipo por duro que sexa.
Somos un equipo humilde que non ten máis recursos que os recibidos dos socios e a colaboración desinteresada de algunhas entidades.
Coa desaparición das categorías inferiores a viabilidade do club cada tempada é máis difícil.
E complicado atopar xente que se comprometa desinteresadamente, en colaborar no mantemento desta infraestructura que non resulta doada de soster
Pero está claro que mentres sigamos contando con xogadores comprometidos coa entidade, nós faremos todo o posible para que o Bodegón siga sendo un equipo referente en Santiago.
Non podemos terminar esta entrada sen dedicarlle unas palabras ao " Presi ", e como non á afección do Bodegón, que tamén son un alicerce fundamental para que este proxecto salga adiante cada tempada.
O noso agradecemento a
tod@s eles porque, domingo a domingo, acoden ao campo para animar incondicionalmente ó seu equipo e co que manteñen un pacto de unión moi forte.
Ao seu presidente Jesus Carril, que coas súas virtudes e cos seus defectos, pero sempre desde a humildade debemos recoñecerlle todo o traballo que fixo e esta facendo polo futbol base en Santiago.
En setembro o Bodegón volverá á batalla. Seguro que veremos outra vez grandes momentos de futbol e posiblemente outros non tan bos, pero seguiremos fieis á nosa idea de equipo.
Oxalá podamos levantar algún titulo, e porque non, volver a unha categoría superior que pensamos que temos merecida.