23 de febrero de 2015

Os Xuvenís: Seguen Derrubando Torres

Os Xuvenís
 Seguen Derrubando Torres
Equipo do Bodegón que se enfrontou a S.D. Compostela
Esta semana os xuvenís derrotaron a nada máis e nada menos que a unha toda poderosa S.D. Compostela, por 4-3, nun partido moi interesante. 

Equipo da S.D. Compostela
O Bodegón presentou a súa mellor cara para xogar de ti a ti a este gran rival, nun encontro emocionante e con moitos goles. 

Algúns dos xogadores quecendo antes do encontro
Na nosa opinión o Bodegón foi o que levou o mando do encontro, e se ben é certo que encaixamos tres goles, foi máis por erros cometidos pola nosa parte, que polos acertos no xogo do rival.

O equipo vén mostrando unha irregularidade no seu xogo e polo tanto nos resultados conseguidos nos partidos disputados ata agora. 

Juán co balón nun momento do encontro
Son partidos como os de onte, os que teñen que servirnos para decatarnos unha vez máis da calidade que ten este grupo, e que se o propoñen, poden enfrontarse sen medo ningún, a calquera rival por grande que sexa.

Josiño (co brazalete de capitán) e Juli durante o encontro
Outra cousa que é digno de mención e que tamén puidemos comprobar esta xornada, é que a pesar de que o Compos logrou poñerse por diante no marcador, o noso equipo non baixo os brazos, mantivo a posición e a orde dentro do campo, e iso deu ao final os seus froitos cunha gran vitoria.

Juli co balón e Moises que foi autor dun bonito gol
Esta liga vén marcada polas lesións dos nosos grandes dianteiros como son Yago e Chechu a principio de tempada, que non rematan de recuperarse completamente e que preferimos darlle o tempo que sexa necesario antes que arriscar coa súa saúde.

Tajes levando o balón e Ruben o seu lado
Estas importantes baixas fixeron que tivésemos que recompoñer o equipo e a forma de xogar do mesmo, pero malia todo, seguimos adiante e con equipo suficiente e capaz de facer grandes partidos como o desta semana.

Xoán, clase e entrega para o equipo
Está claro que este ano esperabamos moito máis deste equipo, e a sua posición na táboa non é para nada a que desexariamos a estas alturas de liga.

Yago Suarez xa está a facer bos partidos no seu primeiro ano como xuvenil.
Malia os numerosos inconvenientes que sufrimos esta tempada o grupo mantense unido e segue loitando cando realmente o máis doado seria ceder e darse por vencidos.

Queda moita competición e polo tanto puntos por disputar, e a actitude que debemos mostrar de aquí ao final do torneo é de loitar partido a partido pensando en sumar o maior número de puntos posibles, que nos permita quedar o máis arriba posible na táboa, que onde se non hai sorpresa, o E.D.M. Peleteiro é con diferenza o mellor equipo é case con toda seguridade o campión de liga

Agora debemos deixar atrás a presión e pensar só en disfroitar xogando ao fútbol como nós sabemos facelo, e os resultados virán sós. Pensamos que neste momento é máis unha cuestión de mentalidade que de calidade futbolística, e partidos como o visto esta semana, fannos pensar que estamos no certo do que queremos dicir.

Como vedes aquí deixámosvos unha extensa galería de fotos sobre este equipo e do que a penas tiñamos imaxes do grupo, o motivo principal foi polas horas intempestivas ás que este equipo disputou ata agora os encontros, e onde a falta de luz nos imposibilitou facer fotos dunha calidade mais ou menos aceptable.

Couto na foto, foi unha das novas incorporacións deste ano, e a verdade que nos está sorprendendo gratamente, pola súa integración dentro do grupo, e pola súa constancia e entrega tanto entrenando como nos  encontros. El foi o autor doutro bonito gol neste partido, despois dunha gran xogada de Juli.

Brais e Oscar rendendo coma sempre a un gran nivel.
Tamén temos que pensar na eliminatoria a dous partidos da Copa de Santiago, e que imos disputar finalizada a liga fronte a un vello coñecido noso como é o Villestro de 1ª Autonómica, e que sen dúbida ningunha promete ser cando menos disputada.

Sabemos quen das nosas limitacións como club, e podemos gañar ou perder mil partidos pero neste grupo de xogadores temos talento, calidade, entrega e o que xamais imos ter é medo a ningún rival.

Sergio e Juán  preocupándose polo estado de Oscar tras sufrir unha entrada no encontro. Un partido que a pesar da rivalidade existente, a deportividade mostrada no campo polos xogadores quedou posta de manifesto durante os 90 minutos do mesmo.

O equipo reunido no centro do campo ao remate do encontro.


De esquerda a dereita Antonio (delegado), Jose (2º adestrador) e Manuel (1º adestrador). Son os responsables deste equipo de xuvenís e que está formado por case vinte xogadores. Non podemos deixar de recoñecer todo o mérito que ten o seu labor para sacar adiante este equipo. Necesítase moita ilusión, ganas, pero sobre todo unha paciencia infinita. Só eles saben o que custa saír de traballar e poñerse a adestrar ás oito da noite con frío, chuvia ou calor, ou levantar o equipo despois dunha derrota. Por iso para eles tamén vai noso agradecemento.

2 de febrero de 2015

OS CADETES: Derrotan ao AMIO C.F., ao Frío e á Choiva.

OS CADETES
DERROTAN O AMIO C.F., AO FRÍO E A CHOIVA

Interesante partido o que nos ofreceron esta xornada as cadetes do Bodegón, que derrotaron ao Amio C.F. por un contundente 1-6, mostrando unha vez máis que se queren, o seu rendemento e o seu nivel de xogo pode mellorar en cada encontro, se manteñen a constancia no seu xogo, pero sobre todo se cren máis en si mesmos.
Aquí deixámosvos unha pequena galería de fotos a xeito de vídeo con algúns momentos do encontro. Só tedes que picar na frecha onde pon galería de fotos para que salte o vídeo.

GALERÍA DE FOTOS
CADETES 2014-2015

Dani disputando un balón, baixo a forte choiva que estaba a caer.
Como podedes ver nesta foto, a dureza do partido non só veu marcada pola perseveranza que mostrou o noso rival durante todo o encontro, senón que tamén tivo a gran dificultade engadida, ao disputarse baixo unhas condicións climatolóxicas extremadamente duras, onde o frío e a intensa choiva que caía por momentos no campo facian moi dificil a práctica deste deporte.

Antonio noutro momento do encontro tamén fixo un bo partido.
Unha vez mais os xogadores dos dous equipos, dérono todo no terreo de xogo, pero foi nesta ocasión o equipo do Bodegón o que logrou sacar o partido adiante, e polo tanto sumar outros tres puntos máis para a súa casilla da clasificación.

Agora toca recuperarse, e adestrar duro para afrontar as vindeiras xornadas contra rivais directos, que ao igual que nós, loitan por estar na cabeza da táboa. A grandeza dun equipo, pasa sobre todo non temer nunca ningún adversario, e por derrotar calquera rival por grande que sexa.

Os xogadores, saudandose amistosamente ao remate do encontro.
Nos próximos encontros veremos ata onde poden chegar os nosos xogadores, pero sobre todo a capacidade de motivación e preparacion que os adestradores deben facer, para chegar nas mellores condicións a estes encontros, fronte a grandes rivais que non van conceder ni un erro.

O presidente do club Jesus Carril (Suso) no centro da imaxe, e os responsables do equipo de cadetes Jose (Josiño) e Ruben (Chicolas) satisfeitos polo rendemento do equipo neste encontro, a pesares de que as suas facianas amosaban o frío que pasaron durante o mesmo.

Evidentemente é nestes momentos onde se ve, que detrás dun bo equipo, hai sempre unha grande afección que anima aos seus xogadores dende a bancada, e en todo momento. Para eles vai o noso saúdo e agradecemento por o seu apoio incondicional.