28 de octubre de 2014

Os Modestos: Loitando coas ideas moi claras.

Os Modestos: 
Loitando Coas Ideas Moi Claras

Equipo de modestos que se enfrentou o Silleda C.F. a xornada pasada.
Os modestos empezan a mostrar a súa mellor cara na  primeira rolda desta liga atípica, na que levan disputados nove encontros e tan só perderon un, empatado tres, e gañado cinco. Sen dúbida están a facer as cousas bastante ben e nestes momentos ocupan o sexto posto da clasificación. 

O equipo esta formado por unha plantilla bastante ampla, e con novas incorporacións que están a achegar o seu graniño de area para que este bo grupo vaia cara arriba.  

A estas alturas de tempada podemos dicir que o equipo mellorou moito en defensa con respecto á tempada pasada, pois é dos catro menos goleados da táboa, pero segue faltándonos conseguir algún gol máis nos encontros. 

Así nalgún dos empates acadadados, desperdiciamos ocasións suficientes como para ter levado os tres puntos. De todos os xeitos o noso obxectivo é camiñar partido a partido facendo o fútbol que sabemos, e cumprindo os obxectivos desta primeira fase, que é sumar o maior numero de puntos posibles, coa idea de ter todas as posibilidades intactas de cara á segunda fase.

Que será unha liguiña de dous grupos formada por doce equipos, e dos que saldrá de cada grupo un equipo o 1º, que ascende directo e o 2º, 3º 4º 5º de cada grupo,  xogaranse a fase de ascenso entre eles. 

Está claro que o Atl. Melide é con diferenza nestes momentos o equipo máis forte da competición pois fixo un desembolso económico importante fichando xogadores para levar este equipo a categorías superiores. 

Esta fin de semana enfrontámonos a el, e será unha boa referencia para saber dentro da nosa humildade económica a que nivel estamos con respecto a este gran equipo. A calidade de un equipo non se demostra no banco senon no campo e nos imos tentar poñerlle cando menos as cousas difíciles o lider.

Así mesmo tamén debemos aprender dos nosos erros e non cometer os que cometemos ante o Silleda na anterior xornada, onde non puidemos pasar do empate ante este equipo que é moi irregular no seu xogo, e ocupa as parte baixa da táboa. 

De todos os xeitos estamos contentos de como está transcorrendo as cousas este ano para o equipo de modestos, que xa lles tocaba un pouco de tranquilidade interna, e oxalá poidan darnos algunha que outra alegría como nos teñen afeitos a toda a xente, que os seguimos e apoiamos desde a bancada.   

26 de octubre de 2014

OS XUVENÍS: CON MÁIS CORAZÓN QUE CABEZA

OS XUVENÍS
 CON MÁIS CORAZÓN QUE CABEZA

Álvaro e Toni
Os xuvenís non acaban de asentarse na competición ligueira, despois da brillante pretempada realizada nos meses de agosto e setembro.

Josiño e Brais
De momento dúas derrotas e dous empates, son os resultados conseguidos, e que están moi lonxe dos que esperamos deste grande equipo.

Juli e Oscar
Sen medo a equivocarnos, podemos dicir que o grupo conta entre os seus compoñentes co mellor da liga nesta categoría.

Xoán
Os infortunios acontecidos no primeiro partido de tempada fronte ao C.D. Belvís,  pensamos que puideron influír notablemente nos partidos disputados a continuación.

Yago

Pois dese encontro saímos coa lesión de Yago (foto superior) que é un dos nosos referentes na punta de ataque e a de Sergio (foto inferior) que é un grande central. Dende o Club enviámoslle todo o noso apoio e cariño, así como o desexo dunha pronta recuperación.


Sergio
Evidentemente o equipo non atravesa polo seu mellor momento de xogo, na que como dicimos xoga máis co corazón que coa cabeza, o que os leva a cometer erros que non son propios da calidade destes xogadores.


Charlie detendo un penalti.
Boa proba diso tivémola neste último partido de liga fronte ao Milladoiro C.F. onde comezamos perdendo tres goles a un, pero o equipo non se veu a baixo, e mesmo se puxo por diante no marcador.

Brais
Pero outra vez as ansias fixéronnos cometer imprecisións, e rematamos empatando un partido, que en condicións normais debiamos ter gañado sen problemas.

Manolo e Jose 
Está claro que algo non estamos a facer ben, evidentemente é algo que nos preocupa, o corpo técnico sábeo, e niso están a traballar para levar o equipo a bo porto.


Alex
De todos os xeitos o grupo está unido, é consciente do seu potencial e está a poñer todo da súa parte para volver ao camiño que nos marcamos, e do que non debemos saír se queremos estar aí diante na liga.

A mellor noticia desta xornada e a de que nos alegramos moito, é que despois da súa lesión que o tivo apartado da competición seis meses, Chechu (na foto) volve aos terreos de xogo para disputar os encontros de novo ao lado dos seus compañeiros. Esta xornada xogou os seus primeiros 30 minutos de liga e mostrou como sempre unha grande entrega para o grupo.

6 de octubre de 2014

Os Cadetes: Loitando Dende o Primeiro Partido

Os Cadetes
Loitando Dende o Primeiro Partido

Os cadetes adestran duro para afrontar a súa terceira xornada de liga, que de momento non puido ter mellor comezo, pois contan xa con dúas vitorias no seu haber. 

Ademais  fronte a dous grandes equipos e moi importantes, como son o Atlético Fátima ao que derrotaron por 5 -2, e a S.D. Compostela, á que tamén venceron por 0 -3.

Todo isto non fixo mais que empezar, a liga é longa, e quedan moitas cousas por acontecer. Estes partidos teñen que servirnos para coller a suficiente confianza dentro do grupo, e para saber que podemos competir contra calquera rival por duro que sexa.

Este equipo ten un plantel amplo, e con xogadores de calidade, que nestes partidos tanto de pretempada coma de liga demostraron ter boas maneiras na súa forma de xogo. 

Miguel (na foto) falando ao remate do encontro con dous xogadores da S.D.,foi o autor de dous dos tres goles conseguidos fronte á S.D. Compostela.

Rubén e Jose (1º e 2º adestrador respectivamente) serán os encargados esta tempada, de facer que este equipo de cadetes evolucione positivamente, tanto no seu xogo, como na consecución de resultados favorables.