OS XUVENÍS
CON MÁIS CORAZÓN QUE CABEZA
Álvaro e Toni
Os xuvenís non acaban de asentarse na competición ligueira, despois da brillante pretempada realizada nos meses de agosto e setembro.
Josiño e Brais
De momento dúas derrotas e dous empates, son os resultados conseguidos, e que están moi lonxe dos que esperamos deste grande equipo.
Juli e Oscar
Sen medo a equivocarnos, podemos dicir que o grupo conta entre os seus compoñentes co mellor da liga nesta categoría.
Xoán
Os infortunios acontecidos no primeiro partido de tempada fronte ao C.D. Belvís, pensamos que puideron influír notablemente nos partidos disputados a continuación.
Yago
Pois dese encontro saímos coa lesión de Yago (foto superior) que é un dos nosos referentes na punta de ataque e a de Sergio (foto inferior) que é un grande central. Dende o Club enviámoslle todo o noso apoio e cariño, así como o desexo dunha pronta recuperación.
Sergio
Evidentemente o equipo non atravesa polo seu mellor momento de xogo, na que como dicimos xoga máis co corazón que coa cabeza, o que os leva a cometer erros que non son propios da calidade destes xogadores.
Charlie detendo un penalti.
Boa proba diso tivémola neste último partido de liga fronte ao Milladoiro C.F. onde comezamos perdendo tres goles a un, pero o equipo non se veu a baixo, e mesmo se puxo por diante no marcador.
Brais
Pero outra vez as ansias fixéronnos cometer imprecisións, e rematamos empatando un partido, que en condicións normais debiamos ter gañado sen problemas.
Manolo e Jose
Está claro que algo non estamos a facer ben, evidentemente é algo que nos preocupa, o corpo técnico sábeo, e niso están a traballar para levar o equipo a bo porto.
Alex
De todos os xeitos o grupo está unido, é consciente do seu potencial e está a poñer todo da súa parte para volver ao camiño que nos marcamos, e do que non debemos saír se queremos estar aí diante na liga.
A mellor noticia desta xornada e a de que nos alegramos moito, é que despois da súa lesión que o tivo apartado da competición seis meses, Chechu (na foto) volve aos terreos de xogo para disputar os encontros de novo ao lado dos seus compañeiros. Esta xornada xogou os seus primeiros 30 minutos de liga e mostrou como sempre unha grande entrega para o grupo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario