Somos un club con historia e tradición no deporte base da cidade de Santiago de Compostela. Este é un espazo de comunicación e a nosa idea é manter e fomentar a relación entre os membros dos nosos equipos. Anímate a participar.
Os modestos chegan á final da Copa de Santiago, cunha autentica exhibición de xogo e de dominio en todos os encontros disputados. Agora tocaba rematar, derrotando na final outro bo equipo como é o Zona Vella C.F. e conseguir a segunda Copa para o club esta tempada.
Luisete (o capi) recolle o trofeo de mans do delagado da F.G.F.
Como non podía ser doutra forma este grande equipo volveu cumprir e derrotou ao Zona Vella C.F. noutro encontro trepidante, onde o noso rival vendeu moi cara a súa derrota por 0-2. Xusto e merecido premio, para este gran grupo de xogadores, que loitaron e deron a cara ata o final da liga. Demostrando neste importante torneo, a súa calidade e o seu saber facer, como grupo unido que son.
David e Miguel nun adestramento desta tempada
David B. e Miguel P. son os adestradores do equipo de Modestos e Xuvenís "B" respectivamente. Eles son os responsables da boa marcha destes dous equipos e polo tanto, seu é gran parte do mérito de ter gañado sendas Copas de Santiago para o club esta tempada.
Sen dúbida ningunha o equipo de modestos merece estar en categorías superiores. Tanto polo seu nivel futbolístico, coma pola calidade humana dos integrantes do mesmo. Estamos seguros que a próxima tempada sairán a loitar por iso, e ogallá poidamos celebrar un ascenso nesta categoría como mínimo.
Dieguito e Jacobo durante un adestramento esta tempada
Ante todo somos un club humilde, que se sente orgulloso das súas vitorias, pero que tampouco baixa a cabeza cando cae derrotado, senón que se ergue e volve seguir loitando en cada partido que disputa.
O Equipo de Xuvenís "B" consegue alzarse coa copa de Santiago por 0-1, tras un grande e emocionante partido fronte ao Atlético Fátima. E poñen un broche de ouro á brillante tempada que realizaron durante todo este ano.
Fuco (capi) recolle o trofeo de Campeón, de mans do representante da F.G. F.
As grandes vitorias conséguense ante os grandes equipos, e o Atlético Fátima é un deles. Non deixedes de visitar nosa páxina, porque nuns días sacaremos nela un amplo resumo con fotos e vídeos do que deu de si esta gran final.
Iván gardameta do Atlético Fátima e Jose (Josiño) ao remate do encontro.
Tamén hai que destacar que a pesar da gran rivalidade existente entre estes dous equipos, tanto os xogadores, coma as dúas afecións que encheron a bancada de Sta Isabel, mostraron un comportamento exemplar durante todo o encontro, así como ao remate deste.
"Sen dúbida algunha todo un triunfo do deporte limpo".
"Disputarán a Final da Copa de Santiago" 2013 -2014
O equipo mostraba o sua satisfacion ao remate do encontro fronte o C.D. Belvís.
Impecables e sen concesións, así é como poderiamos resumir a eliminatoria de semifinais que disputaron os Xuvenís "B" fronte a un digno rival como foi o C.D. Belvís
Iago (na foto) está a facer unha gran tempada.
Cun gran respecto cara a este equipo que é o C.D. Belvís, e no que temos grandes amigos, hai que dicir que nesta ocasión, fomos claramente moi superiores, tanto no partido de ida, onde xa deixamos case resolta a eliminatoria cun claro marcador ao noso favor de 6 -1, como no de volta, onde volvemos repetir o mesmo resultado.
Lucas, Toni e Fuco noutro momento do encontro.
Agora e despois de tanto esforzo, o equipo xa só pensa en disputar a ansiada final, que vai poñer un broche de ouro e merecida recompensa, á extraordinaria tempada que fixo este gran grupo de Xuvenís "B".
Alberto momentos antes de acadar o gol co seu tiro a porta.
Ante nós imos ter a un todo poderoso Atlético Fátima, sabemos que é un grande equipo, e de recoñecido prestixio, pero as finais só as xogan os mellores equipos, e nós imos estar nela e ben orgullosos que estamos.
Toni todo un exemplo de entrega.
Só pode gañar un dos dous, pero estamos convencidos que o noso equipo xa non teme a ningún rival por grande que xesa, e vai deixar a pel no campo para lograr este obxectivo.
Esteban (o gardameta) no que está a ser o seu primeiro ano como xogador de este equipo, foi manteado polos seus compañeiros ao remate do encontro.
Oscar (na foto superior) un cadete que está perfectamente integrado no grupo, nun momento do encontro. Unha vez máis e para demostrar que confiamos na nosa canteira, Miguel e Jose decidiron convocar para o partido de volta catro cadetes de segundo ano e que a próxima tempada xa serán xuvenís.
Iago gran xogador, que suobo aproveitar o tempo que estivo no campo.
Todos os convocados tiveron os seus minutos e cumpriron a perfección nun equipo onde para vestir a súa camiseta, esixese compromiso co grupo, entrega, disciplina e moitas ganas de xogar ao fútbol.
Moises moi ben arroupado polos seus compañeiros de equipo tamén amosou moita soltura, e detalles da súa calidade durante o tempo que xogou.
Alex (Pichi) na foto, o gardameta titular de cadetes, tamén será a próxima tempada xuvenil e de seguro que a facer moitas e boas intervencións para defender a portería do equipo.
Agora mais que nunca, o equipo necesita do apoio e dos ánimos de toda a afición para loitar pola victoria. Ninguén pode perderse esta emocionante "Final Xuvenil da Copa de Santiago".
Os Modestos
"Con medio pe na Final de Copa"
Os modestos outro dos equipos referentes do club, tamén camiña con paso firme na Copa de Santiago. Onde sen dúbida algunha móstrase como o rival mais forte a bater nesta competición.
Despois de derrotar ao Velacruz en cuartos de final, meten medio pé na final da competición tras derrotar no encontro de ida de semifinais ao Victoria C.F. por 5 -0.
Agora debemos rematar o traballo no encontro de volta, e poñer definitivamente a este equipo tamén na Final de Copa. Pero como ben dixemos a eliminatoria non remata ata que pita o remate o árbitro.
Este grupo de xogadores, tamén é un claro exemplo de competividad e compromiso, ademais de ter unha grande calidade futbolística. Estamos convencidos que se segue así de unido, a tempada que ven verémolo loitando polo ascenso na liga.
Os Infantís
Caen en Cuartos de Final
A sorpresa negativa dérona os infantís, que caeron en cuartos de final ante o A.D.M. Peleteiro. A Copa de Santiago é unha competición esixente, e se os equipos non andan listos poden quedar fóra desta nas primeiras de cambio.
A pesar de que o equipo de infantís ten un excelente nivel e fixo unha boa tempada, e mesmo derrotou o Peleteiro nos dous encontros de liga, esta vez non puido superalo tanto na ida coma na volta e por tanto quedamos fora da competición.
A verdade é que con este equipo propuxémonos metelo en semifinais, pero ao final non puido ser, e quedan fóra en cuartos de final.
De todos os xeitos, boa tempada a que fixo este equipo, e que o ano que vén, apertaremos un pouco mais para seguir mellorando o rendemento do grupo.