Os modestos chegan á final da Copa de Santiago, cunha autentica exhibición de xogo e de dominio en todos os encontros disputados. Agora tocaba rematar, derrotando na final outro bo equipo como é o Zona Vella C.F. e conseguir a segunda Copa para o club esta tempada.
VÍDEO DA FINAL
Luisete (o capi) recolle o trofeo de mans do delagado da F.G.F.
Como non podía ser doutra forma este grande equipo volveu cumprir e derrotou ao Zona Vella C.F. noutro encontro trepidante, onde o noso rival vendeu moi cara a súa derrota por 0-2. Xusto e merecido premio, para este gran grupo de xogadores, que loitaron e deron a cara ata o final da liga. Demostrando neste importante torneo, a súa calidade e o seu saber facer, como grupo unido que son.
David e Miguel nun adestramento desta tempada
David B. e Miguel P. son os adestradores do equipo de Modestos e Xuvenís "B" respectivamente. Eles son os responsables da boa marcha destes dous equipos e polo tanto, seu é gran parte do mérito de ter gañado sendas Copas de Santiago para o club esta tempada.
Dieguito e Jacobo durante un adestramento esta tempada
Ante todo somos un club humilde, que se sente orgulloso das súas vitorias, pero que tampouco baixa a cabeza cando cae derrotado, senón que se ergue e volve seguir loitando en cada partido que disputa.
Así é o Peña Bodegón Arzúa, unha "Gran Familia".
No hay comentarios:
Publicar un comentario