Os Xuvenís "B"
En semifinais da Copa de Santiago
Josiño (na foto) foi o autor dun dos dous goles acadados no encontro de volta.
Cando moitos xa nos daban por mortos antes de comezar esta eliminatoria, o equipo volve unha vez mais a demostrar a súa capacidade de sufrimento e elimina o Peleteiro na Copa de Santiago.
Os dous equipos saltando o campo antes de dar comezo o encontro.
Despois do duro revés sufrido polo equipo de Xuvenís "B", que quedou ás portas do ascenso tras unha tempada impecable e de moito traballo. Sen case tempo para a recuperación, tivemos que afrontar unha eliminatoria moi complicada, contra un dos mellores equipos do grupo 3º como é o Peleteiro, e claro candidato en teoría, a ocupar un posto na final do torneo.
Miguel (adestrador) e Brais durante un momento do encontro.
Pero como diciamos ao principio, os partidos hai que xogalos, e o equipo puxo entrega, corazón e moitas ganas durante os 180 minutos, dunha eliminatoria que foi realmente intensa, e chea de emoción ata o remate da mesma.
Soubemos superarnos ante un equipo que xoga moi ben ao fútbol, e que nos puxo a eliminatoria moi complicada, sobre todo na volta, onde tivemos que remontar dúas veces o marcador en contra.
A unión que mostrou unha vez máis o grupo, dounos o pase á seguinte ronda e polo tanto mantennos con vida no torneo.
Xoán disputando un balón.
Agora toca recuperar e esperar á seguinte eliminatoria, outra vez a dous partidos, esta vez ante o C.D. Belvís, e que se gañamos, nos metería directamente na final do torneo.
Jandro foi o autor do segundo gol, case ao remate do encontro.
A estas alturas de competición sabemos que xa non hai rival doado, e que debemos estar atentos e sen concesións outros 180 minutos que vai durar este nova eliminatoria.
Os Modestos
Con medio pe nas Semifinais
Luisete co balón e Naveira no encontro de ida ante o Velacruz.
Os Modestos tampouco se ven abaixo tras sufrir o descenso esta tempada, e seguen dando a cara na Copa de Santiago. E desmostran unha vez mais, o seu compromiso co club e co seu adestrador.
David (na foto) soubo recompoñer anímicamente o equipo e o seu xogo, que mellorou notablemente na segunda volta da liga. Gran coñecedor desta competicion na que xa sabe o que sente o gañala, estamos seguros que ha de intentar que o seu equipo faga un bo papel na mesma.
Sanchez no partido ante o S.D. Villestro
Esta traxectoria vese agora recompensada nos resultados que estamos a obter neste torneo de copa, pois xa deixamos na cuneta un potente S.D. Villestro.
Rocho, e Roi noutro momento do encontro ante o S.D. Villestro.
Agora xa temos medio pé en semifinais pois derrotamos na nosa casa ao Velacruz por un contundente 5 -0.
Fernando todo un exemplo como xogador, e compromiso co club.
Só quédanos facer os deberes medianamente ben no partido de volta para estar tamén en semifinais e disputar o pase á final igual que os Xuvenís "B".
Oscar o gardameta, contento co resultado ao remate do encontro.
Pero como sabemos nestas competicións a dobre partido, o valor dobre dos goles fóra de casa, ou un mal día, poden complicar unha eliminatoria a priori doada e deixarnos fóra da mesma.
Os Cadetes
Quedan fora da Copa De Santiago
Moisés (na foto) e dos cadetes que xa vestiron a camiseta dos Xuvenís.
Os cadetes non son capaces de resolver a súa eliminatoria fronte ao C.D. Belvís e quedan fóra da competición.
Despois de rematar con empate a tres no marcador no partido de ida disputado na nosa casa e a situación pintando bastante ben pois nos valía con empatar ou gañar pola mínima.
Complicóusenos o partido de volta e onde pensamos, que un par de decisións arbitrais puideron influír no resultado final que foi de 2-1 a favor do Belvís que pasa polo tanto á seguinte rolda. De todos os xeitos isto non pode servirnos de escusas e o rival é digno merecedor de levarse a vitoria.
Remata polo tanto unha tempada moi dura para este equipo de Cadetes, que a pesar de todo sempre se mantivo unido, e loitando contra vento e marea en cada partido. Nada que dicir deles, só darlle ánimos e desexarlles unhas boas e merecidas vacacións.