11 de mayo de 2014

OS XUVENÍS "B": REMATAN UNHA GRAN TEMPADA

Os Xuvenís "B"
REMATAN UNHA GRAN TEMPADA

 Parte da palntilla de Xuvenís "B" ao remate dun encontro.
O equipo de Xuvenís "B" puxo esta xornada o punto e final á súa participación no campionato de liga, tras disputar o seu último partido nesta fronte ao E.F. Lalín, e que rematou con empate a cero no marcador.

Jose e Toni no partido contra o E. F. Lalín.
Aquí deixámosvos un pequeno vídeo para que coñezades a todos e cada un dos membros que forman este grande equipo e que tan boa tempada fixeron este ano.

VÍDEO DO EQUIPO


Jandro co balón e Alberto noutro momento do encontro
Se algo hai que dicir deste grupo é que sempre tomaron as cousas moi en serio dende o principio da competición.

Iago entre dous xogadores loitando un balón
Comezaron a pretempada en Agosto disputando partidos contra equipos como o Trazo C.F. e a S.D. Cacheiras, tampouco deixaron de adestrar nas Festas Do Nadal, nin nas vacacións de Semana Santa.

Aínda que o noso primeiro obxectivo, era traballar duro con este equipo tan novo na categoría, para formar un grupo competitivo con vistas ás seguintes tempadas.

Fuco o "Capi" sempre incansable.
Os resultados pronto empezaron a acompañarnos e partido a partido fómonos consolidando como un dos equipos máis fortes da liga xunto con Cruces e Callobre, como recompensa a todo o esforzo que estabamos a facer.

Toni coma sempre ao máximo en cada encontro.
Fixemos da nosa casa un autentico fortín na que levamos sen perder ningún partido dende setembro.

Gus correndo co balon entre os defensas, no partido en Callobre
Así chegamos aos cinco últimos partidos de liga con tan só duas derrotas e dous empates, e optando por pelexar polo título de liga, ou pola segunda plaza, que nos daría a oportunidade de xogar a liga para a fase de ascenso a 1ª Autonómica.

Marcelo na foto tamén fixo unha boa tempada.
O Callobre e o Cruces tamén se mostraron intratables durante toda a tempada e estaba claro que nolo ían poñer moi difícil para conseguir unha desas dúas plazas.

O equipo celebrando un gol acadado fronte o San Mamed.
Pero un mal día que tivo o Bodegón no seu xogo ante un Oroso ben plantado no seu campo, fíxonos encaixar unha dura derrota que cortou as nosas aspiracións a tan só tres xornadas para rematar a competición.

Fuco, Alex, Toni e Aarón traballaron ben en defensa esta tempada.
Ademais supuxo un duro revés para o estado anímico do grupo que tanto traballara para chegar ata aí. Por este motivo Miguel o seu adestrador, aproveitou esta circunstancia para dar descanso a algún dos seus xogadores e levar co equipo algúns dos nosos cadetes, que para o ano serán xa xuvenís.

Miguel, Brais e Fuco, preocupándose por un golpe que recibiu Esteban na súa faciana durante o último partido de liga fronte o E.F. lalín.

Agora toca centrarnos na Copa de Santiago na que imos ter en fronte a un duro rival e vello coñecido noso xa na etapa de cadetes, como é o Peleteiro.

Sabemos que se o equipo se recupera anímicamente, podemos pasar este primeiro cruzamento e seguir a nosa andaina nesta competición. Na que non tiñamos pensado participar, e si competir na Copa do Sar e pola que nos sentiamos bastante atraidos.

Jose e Toni noutro momento do encontro fronte o E.F. Lalín.
Pase o que pase este equipo xa non ten nada que demostrar. Competiron todo o ano a un excelente nivel e superaron de sobra todos os obxectivos que se propuxeron, nunha liga complicada e con grandes rivais. E como bos xogadores que son, tamén estamos seguros que se volverán levantar para competir na Copa de Santiago e quen sabe, o mesmo dar algunha que outra sorpresa.

DUAS FORMAS DE TIRAR UN PENALTI
(VÍDEO)
E para rematar esta entrada, aquí deixámosvos outro pequeno vídeo onde se mostran dúas formas ben distintas de lanzar un penalti pero igualmente efectivas. Picade sobre onde pon ver o vídeo para que salte o mesmo.

Na primeira móstrase a pausa e a serenidade de Alberto e na segunda a forza e a decisión de Alex. ¿Cal vos gusta máis? podedes deixarnos un comentario coa vosa opinión

No hay comentarios:

Publicar un comentario