29 de abril de 2014

Os Infantís "No seu mellor momento da tempada"

Os Infantís
"No seu mellor momento da tempada"

Rubén V. (Chicolas) xunto con parte da plantilla do equipo de infantís, e que tan bos resultados esta a sacar, nun encontro desta tempada. 

Atlco Fátima, S.D. Compostela, La salle e Bodegón Arzúa son por esta orde, e a falta de catro xornadas para rematar a competición, os catro primeiros clasificados na liga de infantís de 2ª autonómica Grupo 4. 

Sabiamos que este equipo ten moi bos xogadores e apertándoos un pouco podían facer unha boa tempada como así está a ser para eles.

Ademais de pasalo ben xogando ao fútbol, están a competir a un bo nivel, ante equipos de gran talla como son os que encabezan a táboa, e aos que non fomos capaces de derrotar, tanto nos partidos disputados na ida, coma na volta e se queremos gañar e aspirar a algo temos que ser capaces de gañar a calquera rival. Iso é o que que marca a diferenza entre ser un bo equipo ou ser o mellor.

De todos os xeitos estes xogadores e o seu adestrador Rubén Varela están a facer unha magnífica tempada e cumpren coas expectativas que nos formularamos con eles a principio da mesma e onde sabiamos que o terceiro ou cuarto posto ía ser polo que tiñamos que loitar.

Agora só quédanos rematar a tempada igual de tranquilos que nestes momentos, e aproveitar estes partidos para chegar á Copa de Santiago no mellor momento de forma e onde nos imos volver enfrontar a algún destes rivais tan duros.

Por iso temos que aprender dos nosos erros e aproveitalos para non os cometer cando comece a disputarse a Copa, e así desta forma, poidamos facer un bo papel nesta.

Presidente e os membros do equipo tomando un tente en pé ao remate do encontro.
Pero como ben dicimos o máis importante é a amizade, o compañeirismo, e a unión  do grupo dentro e fora do campo, para que este poida traballar, render, e sobre todo sentir as cores do escudo deste, ainda que humilde, grande equipo que defenden.

No hay comentarios:

Publicar un comentario