Os Infantís
"No seu mellor momento da tempada"
Rubén V. (Chicolas) xunto con parte da plantilla do equipo de infantís, e que tan bos resultados esta a sacar, nun encontro desta tempada.
Atlco Fátima, S.D. Compostela, La salle e Bodegón Arzúa son por esta orde, e a falta de catro xornadas para rematar a competición, os catro primeiros clasificados na liga de infantís de 2ª autonómica Grupo 4.
Sabiamos que este equipo ten moi bos xogadores e apertándoos un pouco podían facer unha boa tempada como así está a ser para eles.
Ademais de pasalo ben xogando ao fútbol, están a competir a un bo nivel, ante equipos de gran talla como son os que encabezan a táboa, e aos que non fomos capaces de derrotar, tanto nos partidos disputados na ida, coma na volta e se queremos gañar e aspirar a algo temos que ser capaces de gañar a calquera rival. Iso é o que que marca a diferenza entre ser un bo equipo ou ser o mellor.
De todos os xeitos estes xogadores e o seu adestrador Rubén Varela están a facer unha magnífica tempada e cumpren coas expectativas que nos formularamos con eles a principio da mesma e onde sabiamos que o terceiro ou cuarto posto ía ser polo que tiñamos que loitar.
Agora só quédanos rematar a tempada igual de tranquilos que nestes momentos, e aproveitar estes partidos para chegar á Copa de Santiago no mellor momento de forma e onde nos imos volver enfrontar a algún destes rivais tan duros.
Por iso temos que aprender dos nosos erros e aproveitalos para non os cometer cando comece a disputarse a Copa, e así desta forma, poidamos facer un bo papel nesta.
Presidente e os membros do equipo tomando un tente en pé ao remate do encontro.
Pero como ben dicimos o máis importante é a amizade, o compañeirismo, e a unión do grupo dentro e fora do campo, para que este poida traballar, render, e sobre todo sentir as cores do escudo deste, ainda que humilde, grande equipo que defenden.