16 de marzo de 2014

Os Modestos, "Difícil Pero Non Imposible"

Os Modestos
 "Difícil Pero Non Imposible"
O adestrador,  David Barcia (na foto primeiro pola esquerda) co equipo convocado de modestos, que viaxou a Silleda para xogar o encontro fronte a S.D. Laro.

David dando instruccións a Kin durante un encontro.

Ainda co equipo mostrou unha notable melloría dende a chegada de David ó banquillo, tanto na forma de xogar como na moral dos seus xogadores. Os resultados seguen a ser, en moitas das ocasións, inxustos con nos.

Gústanos moito ver a Dieguito recuperado, e traballando duro coma sempre.

O equipo acadou nestas últimas cinco xornadas tres victorias fronte ó Guimarei, Fátima e Deixebre e duas derrotas ante o Laro e o Chaián esta última foi inmerecida pois tivemos o partido gañado, e foisenos case ó remate do mesmo, en dous erros puntuais.

 
 Kin na foto co balón, no encontro fronte ó Deixebre.

Nestes momentos da liga, atravesamos unha situación complicada pois atopámonos a sete puntos dos postos que nos poden dar a salvación para manter a categoría.
  
Fran en primeira estancia, e Álvaro falando cos xogadores do Guimarei.

O equipo todavía pode salvarse, pero ten que saber e sabe, que o marxe de erro é mínimo, cada partido que nos queda, é vital para as nosas aspiracións, onde xa temos que tentar non ceder máis puntos. 

Roucho no encontro fronte o Deixebre. 

Pódese dicir que ás veces o fútbol é inxusto, e máis vendo xogar ó equipo contra os rivais da parte alta da táboa, e onde semella non haber tanta diferenza a nivel futbolístico como mesmamente reconocen algúns dos adestradores cos que temos falado ó remate dos encontros. 

Álvaro outro gran xogador e con moito xenio.

Pero como ben dixemos un equipo que xoga moi ben o fútbol, e máis nesta segunda volta, non pode xerar nun partido catorce ocasións "clamorosas" de gol (a primeira os dous minutos de encontro) e só materializar cinco delas, e que o rival nos chegue a porta cinco veces, e nos meta dúas. Como vimos no partido fronte o Deixebre onde gañamos po 5-2 pero o resultado puido ser ben diferente.

Sánchez un gran xogador que non está a ser esta a súa tempada, por mor das lesións que está a pasar, e non lle permiten ter continuidade no xogo.

Como diciamos antes, a clasificación na que estamos é máis por falta de definicíon que temos cara o gol, que pola diferencia que pode haber no xogo que facemos, comparado co de outros rivais que van por riba nosa na táboa. 


Jacobo outro gran traballador, que está a mostrar un bo nivel esta tempada. 

A plantilla está formada por xogadores moi novos nesta categoría pero cunha calidade deportiva que queda fora de toda dúbida, e a pesares dos duros momentos que pasaron ó comezo desta tempada, mantiveron a súa unión dentro e fora do campo e iso ten moito mérito.

Nos confiamos plenamente neste equipo, e imos estar ó seu lado ahora e sempre. Estamos afeitos a loitar ata o final e temos tempo para acadar os puntos necesarios para manter a categoría. 
¡¡¡Agora Non Podemos Fallar!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario