Os Xuvenís "B"
Non Se Pode Pedir Máis
Deste Gran Grupo.
Parte da pantilla do equipo de Xuvenís "B" antes de dar comezo un encontro.
Sen dúbida ningunha se algo temos que dicir deste equipo, é que é todo un exemplo a seguir, e un referente en canto a actitude, entrega e compromiso co club, e o escudo que defenden xornada a xornada.
Marcelo no chan, Alberto, e Xoán co 8 ás costas no encontro contra S.D. Cruces.
Hoxe por hoxe é o grupo que mais alegrías nos está dando, e tamén é como nos ten afeito dende hai bastantes tempadas xa en categorías inferiores.
Foto do encontro disputado fronte á S.D. Cruces
Comezaron a liga co obxectivo primordial de adquirir experiencia nesta categoría de xuvenís, pois non nos cansaremos de recordar, que este equipo formado por 18 xogadores, salvo catro que son de segundo ano, o resto dos integrantes son todos de primeiro.
Na foto Fuco, Alex, Toni e Aarón
Para iso inscribíuselles na liga de 2ª autonómica grupo 5, onde hai equipos de moita entidade e sobrada experiencia, como o Cruces, Callobre, Lalín, Oroso, Val do Ulla, Sporting Estrada...
Miguel (con cazadora azul na foto) é o primeiro adestrador, Antonio no centro da imaxe como delegado, e Jose (na foto xunto ó banquillo) como segundo adestrador, son os responsables da boa marcha deste grupo.
Cali (o porteiro) e Toni ó remate dun encontro.
O gran traballo feito polos seus adestradores durante a pre tempada fixo que logo os xogadores se fosen afianzando na competición e disputando cada partido con ganas e sen temor ningún cara aos rivais que temos en fronte.
Miguel, Gus, Aarón e Xoán no encontro frote á S.D. Cruces.
Tanto esforzo e traballo pronto viuse recompensado no terreo de xogo con resultados positivos. A estas alturas de tempada e a falta de cinco xornadas para rematar a liga só levan encaixadas tres derrotas. Este feito permítelle nestes momentos ao Bodegón estar a só un punto da cabeza da táboa que comparten Callobre e Cruces.
Estes tres equipos vanse disputar as dúas prazas que dan o pase á 1ª Autonómica o que gañe a liga ascenderá directo e o segundo terá que disputar unha fase previa de ascenso.
Xoán co balón
Nestes momentos non pode estar mais emocionante a competición e ningún dos tres candidatos pode permitirse o luxo de cometer un erro.
Josiño co balón e Aarón no encontro contra o Callobre C.F.
O Bodegón non pode fallar en ningún dos cinco encontros que lles quedan, pero que por outra parte son os máis complicados, fronte ao San Mamed, Oroso, Val do Ulla, E.D. Arzúa e Lalín.
Yago (O Tigre), Xoán e Gus son os tres dianteiros do equipo.
Os outros dous rivais teñen un final de competición mais suave, pero coa agravante de que na penúltima xornada se enfrontan entre eles, e tamén é, unha dura papeleta.
Jandro facendo exercicios de quecemento antes de comezar o encontro, a incorporación de deste xogador ao equipo de xuvenís "B" para cubrir a baixa de Chechu por lesión, vai ser moi importante neste tramo final da competición.
Así que todo pode pasar, e nós imos seguir animando este equipo tan novo de xuvenís, que paso a paso e xornada a xornada emociónanos, cada vez que salta ao terreo de xogo.