28 de enero de 2014

¡¡¡ O CLÁSICO: 90 Minutos de Emoción e Intensidade !!!


¡¡¡ O CLÁSICO NON DEFRAUDOU !!!
90 Minutos de Emoción e Intensidade no Xogo

 Brais (co brazalete de capitán) e Aarón durante o encontro.
O Clásico non defraudou a ninguén e rematamos tal e como adiantabamos, vendo un partido intenso e cheo de emoción dende o minuto un, ata o remate do encontro. 

                  
                       BERTAMIRÁNS C.F.   2
    
             PEÑA BODEGÓN ARZÚA   2
                             
Josiño, Yago, Alberto, Esteban e Xoán 
Os xogadores xa amosaban nas súas facianas a tensión e a concentración que se estaba a vivir no túnel de vestiarios antes de saltar ó terreo de xogo.

 Miguel (adestrador) falando con Brais durante o encontro.
Partido complicado para Miguel que contaba con baixas importantes dentro do equipo e con algúns xogadores tocados que decidiu deixar non banquillo para non arriscar de cara ó resto da liga.

Pese a todos estes infortunios, e como é de costume neste equipo, todos os xogadores que saltaron ó terreo de xogo deron a cara e loitaron cada balón para lograr un valioso empate ante un gran equipo como é o bertamiráns C.F., que a pesares de non estar facendo unha das súas mellores tampadas, sempre saca o mellor de si cando xoga contra nos.  

Tanto o Bodegón coma o Bertamiráns foron dende o comezo do encontro polos tres puntos, nun partido aberto onde os dous equipos dispuxeron de claras ocasións. E aínda que o noso equipo tivo que remontar por duas veces o marcador en contra, nos últimos minutos do partido e co empate no marcador o equipo a piques estivo de levarse os tres puntos e o Bertamiráns rematou pedíndolle a hora ó colexiado do mesmo.

    Gustavo (Gus) na foto.
Este resultado ainda que bo, sábenos a pouco. O máis importante e recuperar canto antes ós nosos xogadores e seguir como ata o de agora traballando partido a partido e unidos coma sempre.
          
       Brais, Marcelo e Toni, noutro momento do encontro. 

Lucas poñendo o balón en xogo nunha falta.

Estebán que foi o porteiro do Bodegón neste encontro, estivo acertado en tódalas intervencións que fixo durante o mesmo e pouco pudo facer nos dous goles que encaixou.

 O equipo a piques de saltar o terreo de xogo.
Unha vez máis queremos destacar o apoio incondicional que tivo o equipo por parte da numerosa afición que se deslplazou hasta Bertamiráns para animar ós nosos xogadores neste clásico, xa moi coñecido por todos. Estamos a traballar nun vídeo onde eles tamén serán protagonistas do mesmo como recoñocemento a súa labor tan importante. 
       
O noso especial agradecemento para Iris, que é unha das nosas mellores xiareiras do equipo e que está a dar os seus primeiros pasos como reporteira fotográfica. Esta reportaxe é obra dela, e por iso o doble mérito da mesma. 


27 de enero de 2014

Os Modestos "Necesitán acadar máis victorias desta volta"

Os Modestos 
"Necesitán Acadar máis Victorias desta Volta"

David Barcia, (na foto momentos antes de dar comezo o encontro en Tordoia), volve o Club para facerse cargo como adestrador do equipo de Modestos. Un home da casa e de confianza, que coñece ben ós xogadores, (moitos dos cales xa estiveron baixo as súas ordes cando eran xuvenís). 

David ó lado dos seu xogadores, estirando antes do encontro. 
O equipo está a pasar por momentos díficiles na liga, e comezou esta segunda volta con un empate e dúas derrotas, pese a que os resultados non nos acompañan, podemos dicir que, polo xogo que fai o equipo debiamos ter merecido ir un pouco máis arriba na clasificación.

Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que foi o encontro contra o Tordoia C.F.
Picade enriba do enlace para aceder ó video.  

20 de enero de 2014

Os Xuvenís "B" Gañas, Traballo, Disciplina e Compromiso

Os Xuvenís  "B" 
Gañas, Traballo, Disciplina e Compromiso
 O equipo de Xuvenís "B" ó remate dun encontro esta tempada.
Así é como podiamos definir a este equipo tan novo que son unha auténtica piña dentro e fora do campo, e que están a facer unha tempada máis que notable nesta categoría onde para a maioría dos xogadores da plantilla é o seu primeiro ano. 

Miguel (1º Adestrador) durante un adestramento.
Miguel e Jose son os responsables directos deste equipo ó que fan traballar duro cada día de adestramento para lograr o nivel optimo de rendemento en cada encontro que disputan.

Miguel e Jose o 2º adestrador (na foto de pe) noutro momento do adestramento.
Este ano as lesións non nos están respetando nada, e non é raro que algún xogador quede fora da convocatoria en cada xornada por este motivo.

Cali, Toni, Alberto ("Sanchís"), saltando o terreo de xogo na Estrada.
Pero como ben dixemos noutras entradas, esta plantilla está formada por bos xogadores que poden alternar as súas posicións no campo e cubrir as baixas que poidamos ter, así como tamén permitir ós seus adestradores  plantexar os encontros en función do rival ó que nos enfrontemos.

Xoán e Gustavo (co 7 á espalda) no encontro en Lalín.
O equipo que non deixou de adestrar nestas pasadas vacacíóns de Nadal, rematou en Lalín a súa primeira volta na liga, acandando uns resultados verdadeiramente bos, para a competición tan dura que están a disputar fronte grandes e recoñecidos equipos.  

Jose ("Josiño") co balón e Marcelo no encontro contra o Lalín.
Salvo dúas derrotas e un empate, o resto de encontros que disputaron cóntanse por victorias, é por este motivo, que neste momento ocupan o segundo posto da clasificación a cinco puntos do lider que segue sendo a S.D. Cruces.

Esteban facendo un saque de porta.
De tódolos xeitos, o noso obxectivo para este ano é ir partido a partido, sempre traballando duro para mellorar o nivel de xogo nesta platilla que si segue así de unida, e traballando do xeito que o están a facer nestes últimos anos, han lograr sen dúbida cousas importantes en vindeiras tempadas.

 
Yago ("O Tigre") con 11 e Chechu co 9 as costas, disputando un balón na Estrada.
Queda moita liga e moitos partidos que disputar, seguro que voltaremos a pasar momentos emocionantes, onde veremos a estes xogadores, como de costume, loitando cada minuto de encontro.

Fuco un gran Capitán, e loitador nato no campo.
Non temos máis presión que a de mellorar como futbolistas, tentar seguir medrando como grupo que somos, e acadar experiencia nesta nova categoría. Pero está claro polos resultados acadados ata o de agora, que imos polo bo camiño e non queremos apartarnos del. E que si podemos...
¡¡TENTAR ÍMOLO TENTAR!!



13 de enero de 2014

Os Cadetes " A Segunda Volta Vai Ser Decisiva"

Os Cadetes 
" A Segunda Volta Vai Ser Decisiva" 
Os cadetes nun partido desta tempada.
Remataron as Festas de Nadal e o balón volve a rodar polo campo outra vez, nunha segunda volta que amosa ser moi emocionante para os nosos equipos e onde están moitas cousas por desputar.

Sergio un bo xogador que está a mellorar partido a partido.
Os cadetes acadaron esta xornada un valiosos empate ante uns dos líderes da liga, este resultado deixa un bo sabor de boca de  cara as vindeiras xornadas onde vamos a enfrontarnos a rivais directos para tentar subir postos na táboa de clasificación. 

Miguel Carballo (na foto) é unha das novas incorporacións do equipo para esta segunda volta. Un bo xogador que apesares de ter ofertas doutros equipos, decidíu fichar polo noso Club. Ven con moitas ganas e a súa aportación ó grupo vai ser moi valiosas de aquí o remate da liga.

Diego e Yago noutro momento do encontro.
O equipo de cadetes ten unha tarefa moi clara que é a de tentar manter a categoría, que sen dúbida algunha, levados da man dos seus adestradores, han poñer todo o seu empeño en acadar este obxectivo. Nesta volta o equipo xa coñece mellor ós seus rivais, ciscuntacia que deben aproveitar para intentar acadar o máximo de puntos posibles que nos permitan alonxarnos dos postos de descenso. 

Yago (Beckenbauer) e outro dos xogadores que amosa moita seguridad dentro do equipo e que está nun estado de forma fenomenal, seguro que tamén a facer unha gran segunda volta ó lado dos seus compañeiros.

Oscar (co balón), Yago e Juán no encontro contra o Bertamirans C.F.
O equipo segue fiel o seu esquema de xogo, cas líneas ben ordenadas, ademais gústalle e saben tocar ben o balón, por eso se melloran un pouco na súa definición cara o gol e na intensidade do xogo, han ganar moitos dos encontros que se lles foron na primeira volta por erros puntuales.

Juán garantía e seguridade no centro da defensa.
Vamos a estar moi pendentes do que faga este equipo na segunda volta e ó que vamos darlle todo o noso apoio para que poidan acadar o seu obxectivo.