Os Xuvenís "B"
Gañas, Traballo, Disciplina e Compromiso
O equipo de Xuvenís "B" ó remate dun encontro esta tempada.
Así é como podiamos definir a este equipo tan novo que son unha auténtica piña dentro e fora do campo, e que están a facer unha tempada máis que notable nesta categoría onde para a maioría dos xogadores da plantilla é o seu primeiro ano.
Miguel (1º Adestrador) durante un adestramento.
Miguel e Jose son os responsables directos deste equipo ó que fan traballar duro cada día de adestramento para lograr o nivel optimo de rendemento en cada encontro que disputan.
Miguel e Jose o 2º adestrador (na foto de pe) noutro momento do adestramento.
Este ano as lesións non nos están respetando nada, e non é raro que algún xogador quede fora da convocatoria en cada xornada por este motivo.
Cali, Toni, Alberto ("Sanchís"), saltando o terreo de xogo na Estrada.
Pero como ben dixemos noutras entradas, esta plantilla está formada por bos xogadores que poden alternar as súas posicións no campo e cubrir as baixas que poidamos ter, así como tamén permitir ós seus adestradores plantexar os encontros en función do rival ó que nos enfrontemos.
Xoán e Gustavo (co 7 á espalda) no encontro en Lalín.
O equipo que non deixou de adestrar nestas pasadas vacacíóns de Nadal, rematou en Lalín a súa primeira volta na liga, acandando uns resultados verdadeiramente bos, para a competición tan dura que están a disputar fronte grandes e recoñecidos equipos.
Jose ("Josiño") co balón e Marcelo no encontro contra o Lalín.
Salvo dúas derrotas e un empate, o resto de encontros que disputaron cóntanse por victorias, é por este motivo, que neste momento ocupan o segundo posto da clasificación a cinco puntos do lider que segue sendo a S.D. Cruces.
Esteban facendo un saque de porta.
De tódolos xeitos, o noso obxectivo para este ano é ir partido a partido, sempre traballando duro para mellorar o nivel de xogo nesta platilla que si segue así de unida, e traballando do xeito que o están a facer nestes últimos anos, han lograr sen dúbida cousas importantes en vindeiras tempadas.
Yago ("O Tigre") con 11 e Chechu co 9 as costas, disputando un balón na Estrada.
Queda moita liga e moitos partidos que disputar, seguro que voltaremos a pasar momentos emocionantes, onde veremos a estes xogadores, como de costume, loitando cada minuto de encontro.
Fuco un gran Capitán, e loitador nato no campo.
Non temos máis presión que a de mellorar como futbolistas, tentar seguir medrando como grupo que somos, e acadar experiencia nesta nova categoría. Pero está claro polos resultados acadados ata o de agora, que imos polo bo camiño e non queremos apartarnos del. E que si podemos...
¡¡TENTAR ÍMOLO TENTAR!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario