Os Infantís
Seguen Loitando Partido a Partido
O noso equipo de infantís, loita xornada a xornada por estar ahí, sempre preto da cabeza da táboa e a pesares de estaren a facer unha tempada máis que aceptable, esta plantilla pensamos que ainda pode dar moito máis de si.
Xián e Jonathan
Ainda que físicamente andamos moi ben, e chegamos con facilidade a portería contraria, logo non materializamos moitas das ocasións que temos, ademais o equipo segue encaixando goles de máis nos encontros decisivos contra rivais directos, esto é o que nos relegou a ocupar os postos da metade da táboa.
Temos que seguir traballando no aspecto táctico defensivo, e de movimientos no campo co balón nos pes, para dominar se cabe máis a súa posesión nos encontros, e poder rematar con victoria os partidos fronte ós equipos que están na cabeza da clasificación.
Na plantilla hai xogadores con calidade máis que sobrada, e non lle debemos ter medo a ningún equipo á hora de desputar un encontro. Neste aspecto, o papel que desenvolven os adestradores ten que ser fundamental para saber traballar ós rapaces para que salgan motivados e convencidos das súas posibilidades en cada partido.
Manuel e Ángel durante un encontro.
Esta semana os Infantís empataron no campo do Silleda C.F. (4-4) nun encontro que fomos dominando durate gran parte do tempo regulamentario. Pero como ven dixemos, tamén temos que saber defender, e non encaixar goles tan doadamente se queremos derrotar ós grandes da liga, e para seguir optando a estar na parte alta da táboa. Este equipo, se traballa un pouco máis, pode darnos moita alegrias.
¡¡¡Moito Ánimo e Noso Apoio!!!
Para Antón ("Piru", con gorra blanca na foto) e Antonio, dous enormes xogadores da plantilla de Xuvenís "A" que están a recuperarse de sendas lesións, que sin ser graves, van ter que estar varias semanas apartados dos terreos de xogo. Nós, sabemos canto lle gusta o futbol a estes bos futbolistas e o moito que se sofre vendo os encontros dende a grada. Por iso lles mandamos moitos ánimos dende o Club e dexesámoslles a súa pronta recuperación, para velos de novo disputando encontros ó lado dos seus compañeiros.