Os Modestos
Gañan o "Trofeo á Deportividade"
Trofeo á Deportividade Concello de Santiago 2012-2013.
18/11/2013 O Club Peña Bodegón Arzúa (2ª Autonómica), o Club La Salle (3ª Autonómica), A.D.M. Peleteiro (Xuvenil) e o Atlético Fátima (Cadete) foron os gañadores dos trofeos á deportividade da tempada 2012-2013. Os catro equipos foron os que, ao longo da tempada recibiron menos tarxetas e amoestacións.
Álvaro recolle o premio de máns de María Castelao.
Estes premios foron creados na tempada 2000-2001 á proposta de Delegación de Fútbol de Santiago e co apoio do Concello. Os representantes dos clubs gañadores reciben unha peza de cerámica en recoñocemento a súa deportividade. A Delegación de Fútbol de Santiago conta cuns 150 clubs dos que derivan aproximadamente 500 equipos que ao longo de cada tempada xogan preto de 8.000 partidos.
Suso Carril Presidente do Club (primeiro pola dereita), Fran Hernandez, Joaquín (Kin), Alvaro, Jacobo, Franchu e Roi. Foron os encargados de recoller o galardon.
Algúns dos equipos galardonados xa son habituais entre os máis deportivos de cada campaña. O Bodegón xa acadou este premio noutras ocasións, a ultima foi na campaña 2009-2010 na categoría cadete.
Foto de familia dos equipos galardonados xunto ó Alcalde de Santiago Ángel Currás, o concelleiro de deportes Adrián Varela así como membros do Concello e da Federación Galega de Futbol.
¡¡Sen dúbida unha boa nova!!
Equipo de Modestos nun encontro desta tempada.
O Bodegón tivo a posesión do balón e dispuso de bastantes ocasións de cara o gol que non soubo convertir e costoulle perder o encontro.
Equipo de Modestos nun encontro desta tempada.
No terreo futbolístico a sorte estanos a virar as costas, e o equipo está deixando marchar moitos puntos que logo imos votar de menos como a tempada pasada. Aquí vos deixamos tres vídeos do que foron estos tres últimos encontros xogados, o primeiro frote ó Portomouro C.F. o segundo fronte o C.F. Vista Alegre e o terceiro fronte C.D. San Marcos.
Portomouro C.F. - Peña Bodegón Arzúa
O Bodegón tivo a posesión do balón e dispuso de bastantes ocasións de cara o gol que non soubo convertir e costoulle perder o encontro.
Peña Bodegón Arzúa - C.F. Vista Alegre
Partido no que o Bodegón mostrouse bastante frío no seu xogo, coma a tarde que estaba a facer. Atopouse cun Vista Alegre de moita veteranía na súa plantilla, e moi ben plantado no campo, que marcou en todo momento os tempos no ritmo de xogo, sempre claró esta, no seu interés.
Este último vídeo aínda que non é de moita calidade nas súas imaxes, si ollades atentamente, podedes ver o que ven sendo a tónica do que vos estamos a contar no xogo do equipo e das moitas ocasión que desperdiciamos (e tan só, se ven 8 minutos de encontro) de cara a portería contraria. E pola outra banda, dous dos goles que consigue o Vista Alegre son dous regalos defensivos nosos.
C.D. San Marcos - Peña Bodegón Arzúa
Felicitar ó reporteiro polo seu traballo, pois non sabedes o difícil que é grabar co frío que facía, atender ó zoom da cámara e ollar o encontro para coller estes momentos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario