25 de junio de 2013

Os Modestos Salvan a Categoría en 2ª Autonómica.

Os Modestos 
Salvan a Categoría en 2ª Autonómica.

Luisete (un dos capitáns do equipo) e Chicolas (adestrador).

Rematou definitivamente a liga, e resoltas as fases de ascenso así coma de descenso nos distintos grupos, xa podemos confirmar que o equipo de Modestos mantén a categoría en 2ª Autonomica para a tempada que ven. Os xogadores fixeron unha segunda volta de liga moi boa e remataron a mesma fora dos postos de descenso, pese a todo tivemos que esperar ata agora para saber que ocurría cos arrastres nos distintos grupo e nos que podiamos estar implicados, e por tanto perder nos despachos da FG. de Futbol o que acadamos por méritos própios no terreo de xogo.

O adetrador con algúns dos membros da plantilla.

Agora tócalles descansar, disfrutar do verán, e xa para agosto comenzar de novo cos adestramentos  e ir pensando na próxima tempada. Como xa viñamos dicindo en entradas anteriores, este é un equipo moi novo, e a experiencia acadada este ano na categoría vaille servir de moito de cara a tempada que ven, onde esperamos cando menos non pasar tantos apuros como este ano, e ver si podemos facer algo máis importante tamén.

17 de junio de 2013

Os Xuvenís Caen en Semifinais da Copa de Santiago

Os Xuvenís 
Caen en Semifinais da  Copa de Santiago

A piques estiveron os xuvenís de dar a sorpresa na Copa, chegando ata as semifinais do torneo, pero o rival que lles tocou nesta ocasión foi a S.D. Compostela, un equipo moi ben traballado, que ven de gañar a liga, e como claro favorito a levarse este trofeo, fixo que o pase a final estivese moi complicado. 

Pese as derrotas encaixadas tanto no encontro de ida como no de volta, o equipo mostrou unha boa actitude e gañas de disputar os 180 minutos de eliminatoria ante unha SD. Compostela que andivo moi forte durante toda a tempada. 

GALERÍA DE FOTOS

XUVENÍS TEMPADA 2012-2013


A competición remtou tamén para este equipo, ahora toca descansar e ir planificando con calma o que vai ser a tempada que ven. Aquí vos deixamos un pequeno recordo con algunhas fotos do equipo de Xuvenís.

4 de junio de 2013

Os Cadetes "A" despídense da "Copa" coa cabeza alta.

Os Cadetes "A" 
Despídense da "Copa" coa cabeza alta
O equipo de cadetes apesares de que logrou derrotar o San Marcos por 0-1 no seu campo, non foi suficiente para remontar o 2-0 conseguido no partido de ida polo rival, e queda eliminado da "Copa de Santiago". Un duro revés para o equipo que aspiraba a disputar a súa segunda final consecutiva neste torneo.

Galería de Fotos
Peña Bodegón Arzúa - San Marcos

Os xogadores dérono todo no campo, e lograron o gol nos primeiros dez minutos do encontro, o que fixo crecer as nosas esperanzas de que a remontada era posible, pero o San Marcos soubo defender a súa vantaxe acadadada no encontro de ida, nun terreo de xogo que non favorecía nada a práctica do fútbol e que era outro dos factores que xa tiñamos en conta que nos iba pasar factura.

"Perdemos unha Batalla pero non a Guerra".

O equipo é grande, e está unido, ahora toca descansar e recuperarse para volver a loita a tempada que ven, onde xa debutaremos en xuvenís, e sen dúbida algunha imos seguir dando moita guerra. O noso agradecemento a toda afición que acudíu a animar ó equipo e que se volcou dende o pricipio do encontro, ata o remate do mesmo cos xogadores.

Os Xuvenís, Eliminan o SD. Villestro nun bo partido.

Os Xuvenís
Eliminan o SD. Villestro nun bo partido

O Bodegón de Xuvenís tralo 2-1 acadado no encontro de ida, rematán no partido de volta con un contundente 1-5 o traballo, e métense en semifinais da Copa de Santiago.

O seu próximo partido é fronte a SD. Compostela, outro rival complicado pero non imposible, os xogadores sábeno ben porque xa se ten enfrentado a él esta tempada durante a liga. Outra vez o equipo depende tan só de si mesmo, e debe ter en conta que son 180 minutos de partido, e eso é moito tempo para que poidan levarse a eliminatoria e plantarse na final.

Diego (Delegado) e Marcos B. ó remate do encontro.
O equipo debe manter os pes no chan e pensar ca cabeza, máis que co corazón, tal e como fixeron ante o Villestro e de seguro que si lle pon ganas e actitude han pasar esta eliminatoria e plantarse na final, na que están tan só a un paso dela. 

Os Cadetes B, Rematán a Tempada ó Grande

Cadetes B
Rematán a Tempada ó Grande

Equipo de Cadetes B tempada 2012-2013.
Os cadetes B remataron esta xornada a tempada, cun partido ó grande, xogando unha eliminatoria no prestixioso torneo da "Copa do Sar" e onde lle tocou enfrentarse o Bertamiráns B. 

O equipo quecendo antes de dar comenzo o encontro.
Sin entrar en polémicas arbitrais (nas que pensamos que influiron negativamente no resultado acadado polo noso equipo), encaixamos tres goles na primeira parte, pero pese a todo, o equipo non se veu a baixo en ningún momento, e durante a segunda metade incluso mellorou o seu xogo e chegouse a poñer o 2-3 no marcador, resultado co que rematou o encontro. 

Os xogadores celabrando un dos goles conseguidos no encontro.
O equipo chega ó final da tempada do mesmo xeito que ha comenzar a que ben, xogando cos equipos da 1ª Autonómica, e demostrando que van pelexar cada encontro que disputen na mesma. 

Os Infantís Rematan a liga Goleando

Os Infantís
Rematan a liga Goleando

Os infantís remataron a liga esta semana, consolidándose no seu bo xogo que viñan mostrando nestas últimas xornadas e golearon ó Silleda por 5-2 no encontro celebrado no campo das Cancelas.

Ahora tócalle xogar a "Copa de Santiago" e xa vos iremos contando o que acontece durante os partidos que cheguen a disputar.

Estamos convencidos de que han facer un gran papel. 
Moita sorte para eles.

¡¡¡VAMOS BODEGÓN!!!