4 de junio de 2013

Os Cadetes "A" despídense da "Copa" coa cabeza alta.

Os Cadetes "A" 
Despídense da "Copa" coa cabeza alta
O equipo de cadetes apesares de que logrou derrotar o San Marcos por 0-1 no seu campo, non foi suficiente para remontar o 2-0 conseguido no partido de ida polo rival, e queda eliminado da "Copa de Santiago". Un duro revés para o equipo que aspiraba a disputar a súa segunda final consecutiva neste torneo.

Galería de Fotos
Peña Bodegón Arzúa - San Marcos

Os xogadores dérono todo no campo, e lograron o gol nos primeiros dez minutos do encontro, o que fixo crecer as nosas esperanzas de que a remontada era posible, pero o San Marcos soubo defender a súa vantaxe acadadada no encontro de ida, nun terreo de xogo que non favorecía nada a práctica do fútbol e que era outro dos factores que xa tiñamos en conta que nos iba pasar factura.

"Perdemos unha Batalla pero non a Guerra".

O equipo é grande, e está unido, ahora toca descansar e recuperarse para volver a loita a tempada que ven, onde xa debutaremos en xuvenís, e sen dúbida algunha imos seguir dando moita guerra. O noso agradecemento a toda afición que acudíu a animar ó equipo e que se volcou dende o pricipio do encontro, ata o remate do mesmo cos xogadores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario