26 de marzo de 2013

(VÍDEO) Os Cadetes do PEÑA BODEGÓN ARZÚA

Por Fin Xogamos co C.D. Boiro 
Despois de varios intentos fallidos por mor de non coincidir nas datas, esta Semana Santa desplazámosnos a Boiro para xogar o partido aplazado por causa da choiva. E a verdade é que o partido resultou ser un auténtico espectáculo futbolístico por ámbolos dous equipos. As estadísticas do Boiro desta tempada dino todo do equipo ó que nos enfrentamos. Partidos xogados 28, ganados 23, empatados 4, perdidos 1, goles a favor 137 e en contra 26. Temos que decir que tanto os xogadores do Boiro coma a súa afición, así como a actuacíon arbitral, contribuíron a que triunfase o futbol por riba de calquera outra polémica, os nosos parabéns para eles. 

Os nosos xogadores saltaron ó campo convencidos de querer plantarlle cara a este gran equipo que xoga de maravilla ó futbol (todo hai que decilo). Os cadetes do Bodegón loitaron dende o minuto un ata o final do encontro, facendo o seu mellor partido do que vai de tempada con moita diferencia. O resultado final foi de 2-2 pero ca boa sensación de que este equipo pode dar moito máis, e traballa día a día para conseguilo.


Miguel o seu adestrador (na foto), plantexou perfectamente o partido e a base de traballo e motivacíon cos rapaces, conseguíu un valioso empate no campo do lider. Pero o máis importante de todo, e que tanto nos bos resultados, coma nos non tan bos, o grupo mantense sempre unido e disposto a entrenar e a mellorar día a día.

Os xogadores mostraban a súa ledicia no vestiario ó remate do encontro.
Esta é a única foto do encontro, pois para ser sinceiros, entre animar ós xogadores (máis dun quedou afónico) e o emocionante que estaba o partido, un polo outro, nin nos acordamos de facer unha foto.

Aqui vos deixamos este vídeo, que vai dedicado a toda plantilla de cadetes, e ós pais que xornada a xornada acompañades e animades ós nosos equipos, polos campos da comarca.


Os xogadores quecendo antes dun encontro. 

CADETES 
 Peña Bodegón Arzúa

Chegan as vacacións de Semana Santa e os nosos equipos de cadetes deciden non parar e seguir adestrando. Así, case sen dar tempo a rematar a xornada, os adestradores reuniron este luns ós xogadores das dúas plantillas para facer estiramentos, recuperar físicamente e logo votar un partidillo entre eles. 

Pinchade enriba da foto para desplegala.
Aquí vos deixamos outra fermosa foto dos nosos xogadores de cadetes cos seus adestradores, de pe Miguel primeiro pola dereita, e Jose primeiro pola esquerda. 

Os cadetes que xogan na 1ª Autonómica facían esta foto na Estación de Autobuses de Santiago antes de partir para enfrentarse ó Abanqueiro C.F. ó que o Bodegón derrotou por 0-1 nun partido moi disputado ata ó final do mesmo.

O Abanqueiro como era de esperar e xogando na casa, non nos puso nada fácil as cousas. Miguel soubo rentabilizar ben o gol conseguído polo equipo no minuto 20 da segunda parte para traer os tres puntos a Santiago.

Antonio o delegado do equipo posaba así de feliz ó lado do seu fillo Brais ó remate do encontro.

Galería de Fotos do Adestramento
Aquí vos deixamos unhas cantas fotos do adestramento desta tarde, que básicamente tiña dous obxectivos, por unha banda que os rapaces disfruten aprendendo a xogar ó futbol e fomenten os seus lazos de amistade e compañerismo, e pola outra preparar o encontro atrasado pola choiva que temos frente ó Boiro esta mesma semán.
O equipo de cadetes que xoga na 2ª Autonómica escoitaba atentamente as explicacións do seu adestrador Jose, nun descanso do mesmo.

Os dous adestradores estiveron moi pendentes dos seus xogadores durante todo o partidillo.

Os xogadores traballaron en defensa e ataque as faltas, e os saque de esquina.

Toni e Dieguito nun momento do encontro. 
Está claro que ainda que falamos dun adestramento a ninguen lle gusta perder e os xogadores puxeron moitas ganas durante o encontro. O partido resultou moi interesante e seguro que todos habían sacar datos e notas para afrontar as vindeiras xornadas de liga.

Yago correndo ó lado do seu adestrador.

Anxo estivo moi concentrado durante todo o encontro.

Outro momento do encontro donde pode verse a intensidade con que se disputaban os balóns nas áreas entre os defensas e os dianteiros.

Miguel falando con algúns dos seus xogadores, de seguro que xa está matinando como afrontar este tramo final da liga con equipos tan complicados coma o C.D. Boiro, líder indiscutible da categoría e o que lle imos facer unha visita esta semán para tentar darlle cando menos un susto.

Os xogadores saben que están a xogar nunha gran liga e por eso deben aproveitar esa oportunidade para aprender e disfrutar da mesma.

O traballo de Jose non é menos importante, seu é e o deber de formar os cadetes máis novos para que a próxíma tempada poidan defender a categoría que van deixar os seus compañeiros.

Podemos presumir de ter un vestiario unido e moi comprometido co escudo que defenden.

Grandes xogadores que o dan todo no campo.

Alberto (Sanchís) e Dani na foto superior e Moises na inferior noutro momento do adestramento.


Antón, Anxo, Moises xunto o resto de compañeiros nun dos momentos da charla.

Sebas antes de voltar ó campo.


Sen dúbida algunha, Os cadetes do Bodegón son unha gran familia.

Pero o primeiro de todo é que para ter equipo hai que ter grupo.

E para ter grupo, hai que ser amigos e compañeiros.

E o máis importante, disfrutar xogando ó futbol.





17 de marzo de 2013

Este venres fomos de cea... e o Domingo sumamos outros tres puntos...

Este venres fomos de cea... 
e o Domingo sumamos outros tres puntos...

Este venres a plantilla de modestos reuniuse no "Restaurante C&B" (Rúa de Vista Alegre nº 58) para disfrutar dunha cea a que foron convidados por D. Manuel Neira, propietario do  restaurante e membro da directiva do club.

D. Manuel Neira propietario do "Restaurante C&B" e seus fillos Alex e Dani, este último tamén forma parte do equipo de infantís do Peña Bodegón Arzúa.

Á cea tamén asistiron ademaís da plantilla e do corpo técnico, o Presidente do club e algún socio do mesmo. 
Nesta foto podemos ver a Moises e Luisete que son os dous capitáns do equipo, xunto a Kim, que é outro dos bastións do mesmo. A plantilla está moi unida, e formada por xogadores de moita calidade, e ainda que a primeira volta da liga non nos foi tan ben como quixeramos, nesta segunda volta o traballo vese recompensado polos resultados positivos que o equipo está a conseguir.

Pero o Domingo tocaba volver a loita...
Chicolas e algúns dos seus xogadores falaban a pe de campo antes de dar comenzo o encontro frente ó Sporting Estrada, o que derrotaron por 2-0 no campo de As Cancelas.

Na foto Bollo e Fran.
O equipo estivo moi centrado e traballou duro durante todo o encontro.
 
Álvaro e Fran xogando un balón.
Os xogadores nesta segunda volta están a ver recompensado o seu traballo,  e por fin as victorias están chegando. Agora case non temos marxen de error se queremos seguir na categoría, pero estamos seguros de que estes rapaces han de facer todo o posible para conseguilo.  

Fernado na foto, xunto con Fran foron os autores dos goles, pese a todo, temos que decir que aínda fallamos moitas ocasións clarísimas e este domingo o Sporting Estrada puido saír do campo con dous ou tres goles máis.


9 de marzo de 2013

VÍDEO Resumo do partido Cadetes 2ª Autonómica

RESUMO DO PARTIDO
CADETES 2ª AUTONÓMICA

PEÑA BODEGÓN ARZUA    1   RAIO COMPOSTELÁN

A pasada xornada os Cadetes B acadaron no campo de As Cancelas unha bonita victoria frente ó Raio Compostelán por 2 goles a 1. A pesares de que o equipo tiña baixas importantes, Jose o seu adestrador, soupo recompoñer as filas e logrou sacar adiante o encontro para levarse os tres puntos ó final do mesmo.



Aquí vos deixamos un resumo do que foi o encontro e no que aproveitamos para felicitar á reporteira gráfica do equipo, polo bo traballo que está a facer ca súa cámara. Sen duda detrás dun bo equipo sempre hai unha gran afición. 

As fotos publicadas nesta entrada corresponden ó partido disputado polo mesmo equipo de cadetes B frente ó SD.Villestro durante esta mesma tempada. Na foto Moises nun momento do encontro.

2 de marzo de 2013

Galería de Recordos 2. Equipos para lembrar!

Galería de Recordos 2
Equipos para lembrar!

EQUIPOS TEMPADA 2005-2006
Modestos
Xuvenís
Cadetes
Infantís
Alevíns
Benxamíns
O Equipo de cadetes tempada 2007-2008 (na foto) tamén colleitou numerosos triunfos para o noso club. A maioría de eses xogadores seguen con nos, e eso fainos sentir orguiosos da gran famila que pouco a pouco vamos facendo medrar.