Este venres fomos de cea...
e o Domingo sumamos outros tres puntos...
Este venres a plantilla de modestos reuniuse no "Restaurante C&B" (Rúa de Vista Alegre nº 58) para disfrutar dunha cea a que foron convidados por D. Manuel Neira, propietario do restaurante e membro da directiva do club.
D. Manuel Neira propietario do "Restaurante C&B" e seus fillos Alex e Dani, este último tamén forma parte do equipo de infantís do Peña Bodegón Arzúa.
Á cea tamén asistiron ademaís da plantilla e do corpo técnico, o Presidente do club e algún socio do mesmo.
Nesta foto podemos ver a Moises e Luisete que son os dous capitáns do equipo, xunto a Kim, que é outro dos bastións do mesmo. A plantilla está moi unida, e formada por xogadores de moita calidade, e ainda que a primeira volta da liga non nos foi tan ben como quixeramos, nesta segunda volta o traballo vese recompensado polos resultados positivos que o equipo está a conseguir.
Pero o Domingo tocaba volver a loita...
Chicolas e algúns dos seus xogadores falaban a pe de campo antes de dar comenzo o encontro frente ó Sporting Estrada, o que derrotaron por 2-0 no campo de As Cancelas.
Na foto Bollo e Fran.
O equipo estivo moi centrado e traballou duro durante todo o encontro.
Álvaro e Fran xogando un balón.
Os xogadores nesta segunda volta están a ver recompensado o seu traballo, e por fin as victorias están chegando. Agora case non temos marxen de error se queremos seguir na categoría, pero estamos seguros de que estes rapaces han de facer todo o posible para conseguilo.
Fernado na foto, xunto con Fran foron os autores dos goles, pese a todo, temos que decir que aínda fallamos moitas ocasións clarísimas e este domingo o Sporting Estrada puido saír do campo con dous ou tres goles máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario