31 de enero de 2013

VÍDEOS DO PARTIDO DE CADETES

  VÍDEOS DO PARTIDO DE CADETES "A" 

                   
          E.D. ARZÚA
         1


PEÑA BODEGÓN ARZÚA
3


Bótalle unha ollada a estes bonitos vídeos resumen, do partido dos cadetes "A" fronte ó E.D. Arzúa. Non te perdas os goles de Juli e Xoán; lucíronse!!!! Un gol de falta directa tipo Messi... ou Ronaldo...(para gustos)...


Yago (O Tigre) presionando a saída dun contrario.
Un partido limpo, con un comportamento exemplar dos dous equipos. Chegouse ó descanso con empate a un,  e na segunda parte, ambas escadras seguiron tentando levarse o encontro, o Bodegón nos últimos 20 minutos apretou un pouquiño máis o acelerador e terminou levándose os tres puntos, con dous goles máis a falta de dez minutos para o remate do mesmo.

PINCHA ENRIBA DO VÍDEO QUE QUERES VER

                         VER VÍDEO 1              VER VÍDEO 2 


                                                   VER VÍDEO 3 


                   VER VÍDEO 4              VER VÍDEO 5


De esquerda a dereita: Pichi, Ángel e Yago
A pesares do frio que fixo esa tarde no campo do SERGAS, na grada entre o público asistente, puidemos ver a tres grandes futbolistas do noso club animando ós seus compañeiros que estaban no terreo de xogo. 

Brais subindo a pelota acompañado por Juli.
O próximo partido e bastante máis duro, contra o Val Do Ulla na súa casa. Tres puntos moi importantes están en xogo, frente a un rival  directo que tamén está pelexando polos postos de promoción.  
Juli , Josiño e Xoán.
De aqui ó final da tempada ningún partido vai ser fácil por iso deben manter a concentración e a súa intensidade no xogo si queren aguantar ahí diante na clasificación.

Alex co balón, Josiño e Tajes.
Juli co balón e Josiño 

A pesares do frío, do vento, e dos despeluxad@s que andaban...
 a afición non parou de animar. 

Pero cos tres puntos no bolsillo e un cafeiño quente. 
Xa están listos para o próximo partido.
                              




24 de enero de 2013

CHICOLAS EN RADIO OBRADOIRO

CHICOLAS  EN "RADIO OBRADOIRO"


RADIO OBRADOIRO
     


       
Javier Iglesias presentador do programa de radio
"El Regate" en Radio Obradoiro de Santiago.
    Javier Iglesias, entrevista no seu programa de radio, a Rubén Varela (Chicolas), sobre a traxectoria do equipo de modestos do Peña Bodegón Arzúa na 2ª Autonómica, esta tempada 2012-2013.

                        

Rubén Varela (Chicolas) Adestrador dos modestos.

15 de enero de 2013

VÍDEOS E RESUMO DO GRAN PARTIDO DOS CADETES EN BERTAMIRÁNS


GRAN PARTIDO 

       
            BERTAMIRÁNS C.F.
             
        PEÑA BODEGÓN ARZÚA
                              3                                                                    1
Equipo de cadetes 1ª Autonómica que disputou ó partido contra o Bertamirans C.F.
Un gran partido o que vimos este domingo no campo municipal de Bertamiráns, no que os nosos  enfrentáronse en segunda volta ó Bertamiráns F.C. Os dous equipos puxeron toda a carne no asador e ofreceron un bonito espectáculo de futbol, cheo de emoción ata o final do mesmo.
Toni, Alberto e Aarón.
A pesar da derrota encaixada, e sin entrar en polémicas arbitrais. Os nosos xogadores fixeron un partido máis que notable frente a un gran rival como é o Bertamiráns, e o que non lle perderon a cara en ningún momento do encontro. 
Tal vez a clave do partido estivo no comenzo da segunda metade cando iamos 2-1 donde, primeiro nun tiro de Josiño e co gardameta batido, sacou en última estancia de debaixo dos paus un defensa ca cabeza (na foto), e logo noutro tiro de Juli, con cantada do porteiro ó cal lle pasou por entre as pernas foi a cepa do poste e non logrou entrar. De ter marcado unha das dúas ocasións o encontro sería doutra maneira. 
 De Alberto (Sanchis) que foi o autor do gol do Bodegón podemos decir que fixo un dos seus mellores partidos da tempada. O Bertamiráns tamén tivo as súas ocasións pero Cali,  estivo moi acertado nas súas intervencións e incluso detivo un penalti máis que discutido. O partido morreu a falta de 10 minutos pro remate ca chegada do terceiro gol deles en claro fora de xogo que o árbitro non veu.

Fuco (na foto) xunto co resto dos seus compañeiros dérono todo no encontro e mostraron unha boa imaxen a nivel de xogo, facendo un partido, que nada tivo que ver ó que vimos na ida. 
A velocidade de Brais e de Iago (na foto) fainos imparables.
O partido deixounos a todos con bo sabor de boca e convencidos de que si os xogadores seguen nesta línea o equipo a seguir cos grandes, pero para eso, deben seguir traballando duro, e non baixar os brazos de aqui ata o remate da liga.
¡¡Vamos Bodegón!!

Vídeos do Encontro
Bertamiráns C.F. - Peña Bodegón Arzúa

Aquí vos deixamos algúns momentos do encontro.

Vídeo 1
Vídeo 2
Vídeo 3
Vídeo 4
     ¡¡Vamos Bodegón!!


Modestos 2ª Volta da Liga

Os Modestos 
"Deben saír a por todas nesta 2ª volta da liga".

Ruben Varela (Chicolas), ten a responsabilidade de adestrar e dirixir ó equipo de modestos dende hai varios anos. A pesares de que o seu debut na 2ª división Autonómica, non está indo tan ben como el e todos nós quixeramos, todos confiamos plenamente na plantilla, e no compromiso que hai entre tódolos compoñentes da mesma para levar ó equipo cara os postos de tranquilidade. 

Adestrador e xogadores momentos antes de dar comenzo o adestramento.
Si algo hai que decir deste grupo, é que a súa clasificación na liga non fai realmente xustiza ó bo futbol que fan estes rapaces. 
Moisés nun instante do partido contra o Zona Vella de Santiago.
O equipo domina o xogo na maioría dos partidos e traballa ben en defensa pero fáltanos un pouco de sorte cara ó gol onde fallamos máis ocasións das debidas, e eso ó final dos encontros acabámolas pagando.

Moise, Enma, e Yañez noutro momento do mesmo partido.
Como dixemos no comenzo da entrada, nesta fase da competicíon o equipo debe saír a por todas en cada partido, terse enfrentado xa a tódolos seus rivais, tenlle que dar seguridade á hora de plantexar e afrontar os encontros de volta.

Luisete co brazalete de capitán e Dieguito ó fondo o cal lle desexamos que se recupere pronto da súa lesión e poda coller continuidade no xogo co equipo.

Yañez cortando o avance dun xogador contrario.
Aínda queda moita liga e por tanto moitos puntos en xogo, e non ha de ser nin por gañas, nin por falta de calidade do equipo. Tan só debemos mellorar na nosa definición cara a portería contraria.
Enma loitando un balón.
De aqui a que remate a liga, cada encontro debémolo xogar como si foxe unha final.

14 de enero de 2013

Cadetes 1ª Autonómica 2ª Volta da Liga

Os Cadetes da 1ª Autonómica 
Volven á Competición

O adestrador e responsable dos cadetes que están na 1ª Autonómica, Miguel Pampín (na foto), segue traballando duro cos seus xogadores para voltar a plantar batalla nesta segunda fase da liga. Dirixe un grupo de rapaces moi unido entre eles e ós que lles intenta transmitir nos seus adestramentos, moitos dos valores que se necesitan para poder crecer como xogadores e como persoas.

Miguel no centro da imaxén con algúns dos membros da plantilla a saída dun adestramento. Adestrador e xogadores saben que si repiten os resultados da primeira volta, e logran gañar dous ou tres partidos máis, e que se perderon por moi pouco na ida, vamos estar arriba seguro.
Arriba de esquerda a dereita: Alberto, Juli, Miguel, Tajes, Xoan, Josiño.
Abaixo: Marcos, Brais, Toni, Martín.
 
Os xogadores facendo un partidillo de quecemento antes de dar comenzo un encontro. Esta liga é muy competitiva, na que os equipos en xeral, están a mostrar todos un bo nivel de xogo e eso faina bastante dura. De todas formas o noso equipo segue ahi, pelexando na parte alta da táboa cos mellores, e mirando sempre ós postos de promoción, que é a nosa meta ó final da tempada.

Josiño e Iago.
Esperemos que as lesións respeten a Josiño desta volta da liga, porque estamos seguros que vai ter moito que traballar no medio do campo de aqui ó final da mesma. 

Marcos defendendo a pelota co corpo da presión dun xogador contrario.
Os xogadores neste momento da liga, están mostrando un nivel de xogo bastante máis baixo o que vimos cando comezaron a mesma. Estamos encaixando goles con moita facilidade, e eso oblíganos a xogar co marcador en contra, e a remontar case tódolos partidos que xogamos.
Brais que tamén esta mostrando un bo nivel de xogo, leva a pelota por velocidade, acompañado por Xoán que é un batallador incansable.
Toni apesares de non xogar este ano na súa posición natural, está facendo unha tempada extraordinaria a un gran nivel de rendemento. 
Con un partido aplazado frente ó Boiro (pola choiva) e despois de empatar co Cordeiro neste arranque da segunda volta, o equipo volve a enfrentarse ó Bertamiráns, este vai ser o primero dos test que temos que pasar para saber si os xogadores son capaces de correxir os erros cometidos no partido de ida. 

Fuco sacando un balón ante a mirada de Alex e Josiño.
Parece que temos que buscar de novo a coordinación entre liñas e a motivación!!. 
 ¡Non esquezamos que a comezos de tempada, tiñámolas!
¡¡Vamos Bodegón!!









9 de enero de 2013

Xuvenís 2ª Volta da Liga

Os Xuvenís 
Prepáranse para a 2ª Volta da Liga
Jose Bascoy (na foto) como adestrador, e máximo responsable deste equipo de xuvenís, está a facer un traballo máis que notable tanto a nivel deportivo como humano con estes xogadores. Coas súas ganas de traballar e de facer as cousas ben feitas, levou ó equipo a parte alta da tabla, a tan só 4 puntos dos postos de promoción á fase de ascenso.

Yago García, asume o papel de segundo de J. Bascoy, así como as funcións de delegado de equipo.

Adestrador e parte da plantilla antes de dar comenzo o adestramento.
Arriba de esquerda a dereita Bascoy, Diego, Yago, Manel e Manuel o gardameta, deste último xogador hai que decir que é un dos tres porteiros menos goleado da liga. Abaixo de esquerda a dereita Chiqui, Chechu e Moises. 

Nesta fase da competición os xogadores xa están máis acoplados e tamén deben darse conta que si se esforzan un pouco máis poden dar a campanada ó final da tempada, pero de momento deben seguir partido a partido intentando puntuar en cada un deles. 

Chechu levándose a pelota entre dous contrarios.
Tamén hai que destacar a boa tempada que esta facendo Chechu no seu primeiro ano como xuvenil, a súa velocidade estao a poñer como referente na punta do ataque.

Na foto superior Matias co brazalete de capitán, X. Cubeiro co balón e Cristian son algúns dos xogadores máis veteranos, e deles e a responsabilidade de tirar do equipo cara arriba.

Na foto Jandro outro dos pilares do equipo e Chechu de espaldas nun encontro deste tempada. Ainda queda moita competición e o equipo non pode afloxar no seu ritmo se aspiran a facer algo grande na Liga ou na Copa.







7 de enero de 2013

Segunda Volta; Cadetes 2ª Autonómica

Comenzo da Segunda Volta 
Cadetes  2ª Autonómica
Equipo de cadetes quecendo antes de dar comenzo un encontro.

 Remataron as Festas de Nadal, e toca voltar á competición ligueira que promete estar moi interesante. Sobretodo para o noso equipo de Cadetes B, no que levados da man de Jose e Javi (seus adestradores) han de demostrar que van collendo experiencia e mellorando nos seus resultados.
 
Yago un xogador de moita calidade, mostra a súa forza, disputando un balón aéreo rodeado de xogadores contrarios.

Pichi chapando un balón na área.

Nesta segunda volta de encontros, o equipo xa coñece os seus rivais, e por tanto o obxectivo, está en acadar entre 9-15 puntos máis que os conseguidos na primeira parte da liga.
Anxo poñendo en xogo un balón de banda, mentres Yago e Manuel observan ó seu compañeiro. 

Neste equipo a calidade e as gañas non faltan, por eso vamos a estar moi pendentes destes rapaces do que tanto esperamos para a tempada que ven, no que xa serán os veteranos da categoría e na que deberán pelexar por metas máis altas.

 Anxo e Juan xogan un balón ante a presión dun xogador contrario.

 
 Oscar lévase a pelota ante un xogador do Villestro.

 Moises dándolle a man ó capitan do Villestro en presencia do colexiado antes de dar comenzo o encontro.