Os Xuvenís
Prepáranse para a 2ª Volta da Liga
Jose Bascoy (na foto) como adestrador, e máximo responsable deste equipo de xuvenís, está a facer un traballo máis que notable tanto a nivel deportivo como humano con estes xogadores. Coas súas ganas de traballar e de facer as cousas ben feitas, levou ó equipo a parte alta da tabla, a tan só 4 puntos dos postos de promoción á fase de ascenso.
Yago García, asume o papel de segundo de J. Bascoy, así como as funcións de delegado de equipo.
Adestrador e parte da plantilla antes de dar comenzo o adestramento.
Arriba de esquerda a dereita Bascoy, Diego, Yago, Manel e Manuel o gardameta, deste último xogador hai que decir que é un dos tres porteiros menos goleado da liga. Abaixo de esquerda a dereita Chiqui, Chechu e Moises.
Nesta fase da competición os xogadores xa están máis acoplados e tamén deben darse conta que si se esforzan un pouco máis poden dar a campanada ó final da tempada, pero de momento deben seguir partido a partido intentando puntuar en cada un deles.
Chechu levándose a pelota entre dous contrarios.
Tamén hai que destacar a boa tempada que esta facendo Chechu no seu primeiro ano como xuvenil, a súa velocidade estao a poñer como referente na punta do ataque.Na foto superior Matias co brazalete de capitán, X. Cubeiro co balón e Cristian son algúns dos xogadores máis veteranos, e deles e a responsabilidade de tirar do equipo cara arriba.
Na foto Jandro outro dos pilares do equipo e Chechu de espaldas nun encontro deste tempada. Ainda queda moita competición e o equipo non pode afloxar no seu ritmo se aspiran a facer algo grande na Liga ou na Copa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario